Garcilaso Rollán Sánchez, nado en Ávila en 1957, é un pintor e deseñador de moedas español, coñecido pola súa imaxe da catedral de Santiago de Compostela nas moedas divisionarias do euro de España.
Traxectoria Garcilaso Rollán Sánchez, gravador da Real Casa da Moeda - Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (RCM-FNMT), de Madrid, é o autor de case medio cento de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, dos sistemas da peseta e do euro."Garcilaso Rollán Sánchez". Conoce tu moneda.
En 1993 deseñou a súa primeira moeda, a de 25 pesetas dedicada ao País Vasco,"5 Pesetas Murcia. Numista.com e durante a década de 1990 creou varias das moedas máis populares de curso legal en España co seu valor en pesetas.Moedas deseñadas por Garcilaso Rollán. Numista.com
Coa Chegada do euro, o seu deseño da fachada da Catedral de Santiago de Compostela foi o escollido para os anversos da serie divisionaria de moedas de 1, de 2 e de 5 céntimos de euro. De igual xeito, foi o creador de variasmoedas cinmemorativas cuñadas pola RCM-FNMT e destinadas especificamente ao coleccionismo e ao investimento.
En 2003 e 2004 ocupouse tamén do deseño de tres moedas conmemorativas uruguaias dedicadas ao centenario da UEFA e ao Campionato Mundial de Fútbol de Alemaña en 2006, cuñadas na ceca pública española."Monedas de la República Oriental del Uruguay". Monedasuruguay.com
Escolma de traballos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de deseñadores das moedas de euro
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Ávila Categoría:Deseñadores de moeda de España Categoría:Personalidades sen imaxes