Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional.
Un país (do francés pays, procedente do latín , ‘aldea, distrito’), ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas, leis tributarias, e un grupo humano. Tamén é un país un territorio que constitúe unha nación, ou incluso unha rexión ou bisbarra (Países do Loira). Exemplos de países son Francia ou España.
Moitas veces, territorios dun estado nacional cunha historia, cultura ou linguas diferentes son chamados países, como o caso de Galiza que forma parte de España: Gales e Escocia tamén son ás veces chamados países, inda que estes dous últimos non son estados independentes, senón nacións constituíntes do Reino Unido.
Os termos país, nación, estado e terra acostuman ser utilizados coma sinónimos, mais nun uso máis estrito deben ser distinguidos:
país é unha área xeográfica. nación designa á xente, porén nacional e internacional refírense tamén ao que son estritamente estados, como en capital nacional e lei internacional. estado é acerca do goberno, unha entidade na lei internacional. terra pode ser usado como "un país e a súa xente" pero tamén como un país pertencente a unha nación republicana ou a un estado monárquico.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cidade-estado Lista de países Lista de países por continente