A psicoloxía (literalmente «estudo ou tratado da alma»; do grego clásico ψυχή, transliterado psykhé, «psique», «alma», «actividade mental», e λογία, loxía, «tratado» ou «estudo») é unha profesión, unha disciplina académica e unha ciencia que trata o estudo e a análise da conduta e dos procesos mentais dos individuos e de grupos humanos en distintas situacións, cuxo eido de estudo abrangue tódolos aspectos da experiencia humana e faino con fins tanto de investigación como docentes e laborais, entre outros. Existen diversas perspectivas psicolóxicas, cada unha coas súas propias teorías e metodoloxías, e en comparanza poden coincidir, influírse, superpoñerse ou mesmo ser contraditorias e incompatibles; esta variedade dá pé a múltiples acepcións e abordaxes. Algúns enfoques —como no humanismo— consideran que o método científico non é axeitado para investigar a conduta; outros tales como o condutismo emprégano só para comportamentos observables que poden ser obxectivamente medidos.
Por medio dos seus diversos enfoques, a psicoloxía explora conceptos como a percepción, a atención, a motivación, a emoción, o funcionamento do cerebro, a intelixencia, o pensamento, a personalidade, as relacións persoais, a conciencia e a inconsciencia. A psicoloxía emprega métodos empíricos cuantitativos e cualitativos de investigación para analizar o comportamento. Tamén se poden atopar, especialmente no eido clínico ou de consultaría, outro tipo de métodos cualitativos e mixtos. Mentres que o coñecemento psicolóxico é empregado na avaliación ou tratamento das psicopatoloxías, nas últimas décadas os psicólogos tamén están sendo empregados nos departamentos de recursos humanos das organizacións, en áreas relacionadas co desenvolvemento infantil e do envellecemento, os deportes, os medios de comunicación, o mundo do dereito, as emerxencias e as ciencias forenses. Aínda que a meirande parte dos psicólogos están involucrados profesionalmente en actividades terapéuticas (clínica, consultaría, educación), unha parte tamén se adica á investigación, dende as universidades, sobre un amplo rango de temas relacionados co comportamento, o desenvolvemento e o pensamento humano.
Etimoloxía A verba grega ψυχή (psykhé) quere dicir «alma», «mente», «alento», «vida», «vento frío», «sopro xeado» e era representado simbolicamente cunha bolboreta, mentres que -λογία (-loxía) describe a «fala» ou o «discurso», «tratado», «doutrina»etc.; polo tanto, psicoloxía significa literalmente «estudo da alma» e denota o «estudo da mente».
A palabra psicoloxía foi empregada por primeira vez en lingua latina polo poeta e humanista cristián Marko Marulić, no seu libro Psichiologia de ratione animae humanae a finais do século XV ou a comezos do XVI,Classics in the History of Psychology – Marko Marulic – The Author of the Term “Psychology” e tamén se cita a obra dun autor alemán, Rudolf Göckel, que publicou o texto Psychologia hoc est de hominis perfectione, anima, ortu (Marburg, 1590). O termo difundiuse a través da Reforma protestante en Alemaña e os escritos de Philippe Melanchthon, e tamén se encontra o termo en francés, por exemplo no texto Psichologie ou traicté de l'apparition des esprits, de Noël Taillepied (1588). En canto á lingua inglesa, a primeira referencia coñecida de psychology apareceu na obra de Steven Blankaart, en 1694.(Steven Blankaart, p. 13) as quoted in "psychology n." A Dictionary of Psychology. Edited by Andrew M. Colman. Oxford University Press 2009. Oxford Reference Online. Oxford University Press. oxfordreference.com
O termo non gañou popularidade no eido ilustrado senón até o uso do mesmo a cargo do filósofo alemán Christian Wolff, quen o empregou nas súas obras Psychologia empirica (1732) e Psychologia rationalis (1734). Historia As antigas civilizacións de Exipto, Grecia, China, India e Persia dedicáronse ao estudo filosófico da psicoloxía. No Antigo Exipto o Papiro Ebers mencionaba a depresión e os trastornos do pensamento. Os historiadores sinalan que os filósofos gregos, incluíndo Tales de Mileto, Platón e Aristóteles (especialmente no seu tratado De Anima),"Aristotle's Psychology ". Stanford Encyclopedia of Philosophy. abordou o funcionamento da mente.Green, C.D. & Groff, P.R. (2003). Early psychological thought: Ancient accounts of mind and soul. Westport, Connecticut: Praeger. Xa no século IV a.C., o médico grego Hipócrates teorizou que os trastornos mentais tiñan causas físicas máis que sobrenaturais.T.L. Brink. (2008) Psychology: A Student Friendly Approach. "Unit One: The Definition and History of Psychology." pp 9 . No ano 387 a. C., Platón suxeriu que é no cerebro onde teñen lugar os procesos mentais, e no 335 a. C. Aristóteles suxeriu que era o corazón.
Na China, a comprensión psicolóxica creceu a partir das obras filosóficas de Laozi e Confucio, e máis tarde das doutrinas do budismo. Este conxunto de coñecementos inclúe ideas extraídas da introspección e da observación, así como técnicas para pensar e actuar centrados. Enmarca o universo en termos dunha división da realidade física e da realidade mental, así como da interacción entre o físico e o mental. A filosofía chinesa tamén fixo fincapé na purificación da mente para aumentar a virtude e o poder. Un antigo texto coñecido como O clásico de medicina interna do Emperador Amarelo identifica o cerebro como o nexo da sabedoría e a sensación, inclúe teorías da personalidade baseadas no equilibrio yin-yang e analiza os trastornos mentais en termos de desequilibrios fisiolóxicos e sociais. A erudición chinesa centrada no cerebro avanzou durante a dinastía Qing co traballo de Fang Yizhi, educado en Occidente A erudición chinesa centrada no cerebro avanzou durante a dinastía Qing co traballo de Fang Yizhi (1611–1671), Liu Zhi (1660–1730), e Wang Qingren (1768–1831), educados en Occidente. Wang Qingren destacou a importancia do cerebro como centro do sistema nervioso, relacionou os trastornos mentais coas enfermidades cerebrais, investigou as causas dos soños e o insomnio, e avanzou unha teoría da lateralización hemisférica na función cerebral.Yeh Hsueh and Benyu Guo, "China", in Baker (ed.), Oxford Handbook of the History of Psychology (2012).
Influenciada polo hinduísmo, a filosofía india explorou as distincións nos tipos de conciencia. Unha idea central dos Upanishads e outros textos do Védico que formaron os cimentos do hinduísmo foi a distinción entre o eu mundano transitorio dunha persoa e a súa alma eterna e inmutable. As doutrinas hindús diverxentes e o budismo desafiaron esta xerarquía de eus, pero todos enfatizaron a importancia de alcanzar unha maior conciencia. O Ioga abarca unha serie de técnicas utilizadas para conseguir este obxectivo. A teosofía, doutrina establecida pola filósofa ruso-estadounidense Helena Blavatsky, inspirouse nestas doutrinas durante a súa estancia na India británica.Anand C. Paranjpe, "From Tradition through Colonialism to Globalization: Reflections on the History of Psychology in India", in Brock (ed.), Internationalizing the History of Psychology (2006).PT Raju (1985), Structural Depths of Indian Thought, State University of New York Press, , pages 35-36
A psicoloxía interesou aos pensadores europeos do século das luces. En Alemaña, Gottfried Wilhelm Leibniz (1646–1716) aplicou os seus principios de cálculo da mente, argumentando que a actividade mental tiña lugar nun continuo indivisible. Suxeriu que a diferenza entre a conciencia consciente e a inconsciente é só unha cuestión de grao. Christian Wolff identificou a psicoloxía como a súa propia ciencia, escribindo Psychologia Empirica en 1732 e Psychologia Rationalis en 1734. Immanuel Kant avanzou a idea da antropoloxía como disciplina, sendo a psicoloxía unha subdivisión importante. Kant, porén, rexeitou explicitamente a idea dunha psicoloxía experimental, escribindo que "a doutrina empírica da alma tampouco pode achegarse nunca á química nin sequera como unha arte sistemática de análise ou doutrina experimental, pois nela a variedade da observación interior, só pode separarse pola mera división do pensamento, e entón non pode ser mantido separado e recombinado a vontade (pero menos aínda outro suxeito pensante deixa que sexa experimentado para adaptarse ao noso propósito), e mesmo a observación por si mesma xa cambia e despraza o estado do obxecto observado". En 1783, Ferdinand Ueberwasser (1752–1812) designouse a si mesmo Profesor de Psicoloxía Empírica e Lóxica e deu conferencias sobre psicoloxía científica, aínda que estes desenvolvementos foron pronto eclipsados polas guerras napoleónicas. A finais da época napoleónica, as autoridades prusianas suprimiron a Antiga Universidade de Münster. Con todo, tras consultar aos filósofos Hegel e Herbart, en 1825 o estado prusiano estableceu a psicoloxía como disciplina obrigatoria na súa sistema educativo, de rápida expansión e grande influencia. Con todo, esta disciplina aínda non abrazaba a experimentación.Horst U.K. Gundlach, "Germany", in Baker (ed.), Oxford Handbook of the History of Psychology (2012). En Inglaterra, a primeira psicoloxía centrouse na frenoloxía e a resposta a problemas sociais como o alcoholismo, a violencia e os manicomios abarrotado do país.Alan Collins, "England", in Baker (ed.), Oxford Handbook of the History of Psychology (2012). Comezos da psicoloxía experimental miniatura|Wilhelm Wundt (sentado) con colegas no seu laboratorio psicolóxico, o primeiro deste tipo.
O filósofo John Stuart Mill cría que a mente humana estaba aberta á investigación científica, aínda que a ciencia sexa nalgúns aspectos inexacta. Mill propuxo unha "química mental" na que os pensamentos elementais podían combinarse en ideas de maior complexidade. Gustav Fechner comezou a realizar investigacións de psicofísica en Leipzig na década de 1830. Articulou o principio de que a percepción humana dun estímulo varía logarítmicamente segundo a súa intensidade. O principio coñeceuse como lei Weber-Fechner. Os Elemente der Psychophysik de Fechner de 1860 desafiaron o punto de vista negativo de Kant con respecto á realización de investigacións cuantitativas sobre a mente.Fechner, G. T. (1860). Elemente der Psychophysik. Breitkopf u. Härtel. (Elements of Psychophysics) O logro de Fechner foi demostrar que "aos procesos mentais non só se lles podía dar magnitudes numéricas, senón que tamén se podían medir mediante métodos experimentais." En Heidelberg, Hermann von Helmholtz levou a cabo investigacións paralelas sobre a percepción sensorial e formou ao fisiólogo Wilhelm Wundt. Wundt, á súa vez, acudiu á Universidade de Leipzig, onde estableceu o laboratorio psicolóxico que deu a coñecer ao mundo a psicoloxía experimental. Wundt centrouse en descompoñer os procesos mentais nos compoñentes máis básicos, motivado en parte por unha analogía cos recentes avances da química, e a súa exitosa investigación dos elementos e a estrutura dos materiais.Stanford Encyclopedia of Philosophy. (2006). "Wilhelm Maximilian Wundt" . Paul Flechsig e Emil Kraepelin pronto crearon outro influente laboratorio en Leipzig, relacionado coa psicoloxía, que se centraba máis ben na psiquiatría experimental.