dereita|miniatura|Entrega da copa á UD Ourense. A tempada 2021–22 foi a 82ª edición da Preferente Galicia. Empezou o 19 de setembro de 2021 e finalizou o 29 de maio de 2022.
Primeira fase Grupo Norte Clave de cores na táboa da liga:Acceso ao grupo de ascensoAcceso ao grupo de permanencia
Subgrupo 1A
Subgrupo 1B
Grupo Sur Clave de cores na táboa da liga:Acceso ao grupo de ascensoAcceso ao grupo de permanencia
Subgrupo 2A
Subgrupo 2B
Segunda fase Ascenso Na fase de ascenso participaron os 20 clubs clasificados nos cinco primeiros postos dos catro subgrupos da primeira fase, distribuídos en dous grupos -Norte e Sur- de dez equipos cada un. Os primeiros clasificados de cada subgrupo comezaron a fase de ascenso con 6 puntos, os segundos clasificados con 4, os terceiros con 3, os cuartos con 2 e os quintos cun punto. Os clubs participantes enfrontáronse a dobre partido mediante o sistema de puntos e non se enfrontaron aos equipos que procedían do seu mesmo subgrupo, disputándose un total de 10 xornadas.
Clave de cores na táboa da liga:Ascenso a Terceira División RFEFAcceso á fase territorial da Copa do Rei
Ascenso Grupo Norte
Ascenso Grupo Sur
Permanencia Na fase de permanencia participaron os 30 clubs clasificados a partir da sexta posición dos catro subgrupos da primeira fase, distribuídos en seis subgrupos -tres Norte e tres Sur- de cinco equipos cada un. Os sextos clasificados de cada subgrupo comezaron a fase de permanencia con 7 puntos, os sétimos clasificados con 6, os oitavos con 5, os novenos con 4, os décimos con 3, os undécimos con 2, os duodécimos cun punto e os décimo terceiros con 0 puntos. Os clubs participantes enfrontáronse a dobre partido mediante o sistema de puntos, disputándose un total de 8 xornadas.
Os clubs clasificados nos dous últimos postos dos seis subgrupos descenderon a Primeira Galicia.
Tamén descenderon debido á reestruturación da categoría (ao ter que pasar de 50 aos habituais 40 participantes pre-pandemia para a seguinte tempada) dous dos clubs clasificados no terceiro posto de cada un dos tres subgrupos (dous terceiros clasificados dos tres subgrupos de Norte e dous terceiros clasificados dos tres subgrupos de Sur) con peor coeficiente de puntuación. Para este cálculo tivéronse en conta os partidos disputados e a puntuación obtida no cómputo global da competición.
Clave de cores na táboa da liga:Descenso directo a Primeira Galicia
Permanencia Grupo Norte 1
Permanencia Grupo Norte 2
Permanencia Grupo Norte 3
Permanencia Grupo Sur 1
Permanencia Grupo Sur 2
Permanencia Grupo Sur 3
Véxase tamén Primeira División 2021–22 Segunda División 2021–22 Primeira División RFEF 2021–22 Segunda División RFEF 2021–22 Terceira División RFEF 2021–22
Ligazóns externas Páxina da Federación Galega de Fútbol
Categoría:Fútbol en 2022 2021