Hubert Richard Sebastian Emmerig, nado en Múnic o 10 de marzo de 1958, é un numismático alemán vinculado ás universidades de Viena e de Múnic.
Traxectoria Emmerig cursou entre 1977 en 1988 estudos de Ciencias Auxiliares da Historia, Historia Medieval e Arqueoloxía Clásica na Universidade de Múnic, e en 1988 obtivo o grao de mestrado cun traballo sobre a Casa da Moeda de Ratisbona,"Emmerig, Hubert". En Coins Weekly. 3 de agosto de 2016. titulado "A administración da ceca de Ratisbona nos séculos XIII e XIV"."Univ.-Prof. Dr. Hubert Emmerig M. A.". Numismatik.univie.ac.at Finalmente, en 1991 acadou o seu doutoramento cunha tese que afondaba no estudo das emisións monetarias da mesma ceca, titulada "O pfennig de Ratisbona. A moeda en Ratisbona desde o século XII ata 1409.
Simultaneamente á súa etapa universitaria, Emerig traballou en diversas compañías de poxas numismáticas en Múnic, entre elas Giessener Münzhandlung, e entre 1989 e 1995 participou en varios proxectos de documentación de escavacións e achados monetarios.
No ámbito editorial, Hubert Emmerig foi director e editor xefe da revista numismática alemá Geldgeschichtliche Nachrichten, entre 1995 e 1998.
En 1996 ingresou na Universidade de Viena como axudante no Instituto de Numismática e Historia Numismática, e a partir de 2005 accedeu á praza de profesor asociado de Numismátiva Medieval e Moderna e Historia do Diñeiro, nesa mesma institución. Simultaneamente, desde 1999 imparte tamén docencia de Numismátiva na Universidade de Múnic.
Emmerig centra as súas investigacións nos achados monetarios de época medieval e moderna en Austria, e dirixe varios proxectos sobre este tema.
Recoñecementos
(1977): Dr. Irmgard Woldering Förderungspreis. (2000): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional."Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch). (2004): 2º premio do libro, da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais. (2011): premio Otto Paul Wenger, en representación da Universidade de Viena."University of Vienna awarded Otto Paul Wenger Prize". En Coins Weekly. 8 de xullo de 2011. (2023): medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca, de Viena."Die Eckhel Medaille ". Österreichische Numismatische Gesellschaft (Oeng.at).
Publicacións Ao longo da súa traxectoria académica, Hubert Emmerig publicou unha boa cantidade de artrigos en diversas revistas científicas do ámbito historiográfico e numismático."Prof. Dr. Hubert Emmerig M. A. Curriculum Vitae". En Univie.academia.edu
Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:"Emmerig, Hubert 1958- ". Digital Library Numis."Emmerig, Hubert". WordCat Identities.Publicacións de Hubert Emmerig. Deutschen Nationalbibliothek.
(1993). Der Regensburger Pfennig. Die Münzprägung in Regensburg vom 12. Jahrhundert bis 1409. Gebr. Mann, Berlín 1993. ISBN 3-7861-1703-9 (1995). Die Münz- und Geldgeschichte der Stadt Regensburg im Mittelalter. Versuch eines Überblicks. Universitatsverlag Regensburg, Ratisbona. (1998). Die Münzen und Medaillen der Regensburger Bischöfe und des Domkapitals seit dem 16. Jahrhundert. Münzgeschichte und Variantenkatalog (con Otto Kozinowski). Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 3-9806377-0-0 (2005). Bayerns Münzgeschichte im 15. Jahrhundert. Münzpolitik und Münzprägung der bayerischen Herzogtümer und ihrer Nachbarn von 1390 bis 1470. Beck, München. ISBN 978-3-406-10746-7 (2006). Glossar zu Münztechnik und Münzverwaltung in Spätmittelalter und früher Neuzeit. Zum frühneuhochdeutschen Wortschatz in ausgewählten Quellen (14. bis 17. Jahrhundert). Braunschweig, Cramer. ISBN 3-934656-17-X
Notas
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Múnic Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Galardoados coa medalla Eckhel Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:Profesores da Universidade de Múnic Categoría:Profesores da Universidade de Viena Categoría:Personalidades sen imaxes