Tatiana Faia, nada en Portugal o 30 de xuño de 1986, é unha escritora e poeta portuguesa que recibiu en 2019 o Premio PEN de Literatura na categoría de Poesía.

En 2022 participou en Rosalía en camiño. Diálogos literarios multilingües celebrados en Padrón, Santiago e Pontevedra. Organizados pola Fundación Rosalía de Castro.

Traxectoria Estudou na Facultade de Artes da Universidade de Lisboa onde se licenciou en Estudos Clásicos. En 2015 doutorouse en literatura grega antiga coa tese Back across the barrier of the teeth, studies on homeric characters: the Iliad, onde se centra nos personaxes da Ilíada de Homero. Ensinou Literatura Lusófona na Universidade de Cambridge e colaborou co proxecto Central Poetry de CLEPUL (Centro de Literaturas e Culturas Lusófonas e Europeas).

Con José Pedro Moreira e André Simões editou a revista Ítaca: Cadernos de Ideias, Textos & Imagens (2009-2011). Tamén é editora, con José Pedro Moreira, Paulo Rodrigues Ferreira e Victor Gonçalves da Enfermaria 6. Ten publicado en A Sul de Nenhum Norte, Ítaca, Caderno: Enfermaria 6, Modo de Usar & Co., Colóquio/Letras e Relâmpago.

Traduciu para o portugués a Homero e Anne Carson.

En 2022 vivía e traballaba en Oxford.

Obra

Poesía Lugano (2011). Editora Artefacto. ISBN 978-989-8417-09-1. São Luís dos Portugueses em chamas e outros textos (2016). Editora Enfermaria 6. ISBN 978-989-691-474-5. Back across the barrier of the teeth, studies on homeric characters: the Iliad (2016). Tese doutoramento Um Quarto em Atenas (2018). Editado por Tinta da China. ISBN 978-989-671-416-1 . Leopardo e Abstracção, (2020). Editora Fresca.

Relatos

São Luís dos Portugueses em Chamas e outros textos (2016). Lisboa: Enfermaria 6. 122 páxs. ISBN 978-989-691-474-5.

Premios e Recoñecementos

2019: Premio PEN de Literatura na categoría de Poesía por Um Quarto Em Atenas. 2022: O Concello de Lisboa convidou a 48 autores a escribir unha frase alusiva á liberdade, Tatiana Faia foi unha delas. A continuación pintáronse as 48 frases no chan da cidade no marco das conmemoracións do 48 aniversario do 25 de abril.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tatiana Faia, in A Europa face à Europa: poetas escrevem a Europa (2019). ISBN 978-989-99999-1-6.

Ligazóns externas

Ruído do Manifesto | Poemas de Tatiana Faia Palavra Comum | 7 Poemas de Tatiana Faia O Poema Ensina a Cair | Tatiana Faia (2021) Feira do Livro do Porto | Duetos #6: Tatiana Faia & Ana Luísa Amaral (2021) Biblioteca Gil Vicente | À Conversa com Tatiana Faia (2021)

Categoría:Nados en Portugal Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Nados en 1986