Samuel Lago Ozón, nado en Vilastose (Muxía) en 1979, é un enxeñeiro técnico agrícola e político galego do PSdeG-PSOE. Traxectoria Licenciado en Enxeñería Técnica Agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi elixido concelleiro en Muxía polo PSdeG-PSOE tralas eleccións municipais de 2003, formando parte da oposición. Nas municipais de 2007, o PSdeG logrou a vitoria e Samuel Lago asumiu a concellería de urbanismo, manténdose no cargo tralas municipais de 2011 e 2015, nas que os socialistas lograron a maioría absoluta con Félix Porto á fronte.
Debido ó seu traballo de Unións Agrarias en Cambados trasladouse a esta localidade, onde foi o número 2 da candidatura socialista encabezada pola alcaldesa Fátima Abal nas municipais de 2019. Tras revalida-lo goberno foi nomeado tenente de alcalde e concelleiro de obras. En xaneiro de 2022, trala dimisión da alcaldesa, foi elixido novo alcalde de Cambados. Nas eleccións municipais de 2023 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE de Cambados e foi reelixido alcalde grazas ao apoio de Somos Cambados, BNG e Cambados Pode.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cambados
Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Cambados Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia
Categoría:Concelleiros de Muxía
Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE
Categoría:Nados en Muxía
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela