Sergei Treschev, nado en Krasnui Kustar, Rusia, o 18 de agosto de 1958, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións STS-111 e STS-113 e foi membro da Expedición 5 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Treshchev graduouse no Instituto de Enerxía de Moscova en 1982. En 1992 pasou a formar parte de RCS Energia, adestrando ata 1994 para ser cosmonauta e pasando de 1994 a 1996 no adestramento avanzado. Participou nas misións STS-111 e STS-113 e sendo membro da Expedición 5 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 184,93 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-111 STS-113 Expedición 5 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados no óblast de Lipetsk