miniatura|240px|Esquema de Nebalia bipes que mostra as principais características da súa anatomía externa. 1: anténula; 2: rostro; 3: casca; 4: abdome/pleon; 5: furca; 6: telson; 7: pleópodos; 8: antena; 9: toracópodos; 10: ollo.
A dos leptostráceos (Leptostraca) é unha orde de crustáceos da clase dos malacostráceos, a única da subclase dos filocáridos.Calman, 1904 no WoRMS. Consultado o 6 de marzo de 2022.
As súas especies, entre elas as do ben estudado xénero Nebalia, encóntranse en todos os océanos do mundo e adoitan considerarse que son organismos filtradores.J. K. Lowry (1999): «"Leptostraca". Crustacea, the Higher Taxa: Description, Identification, and Information Retrieval». Australian Museum. Arquivado desde o orininal o 23 de setembro de 2017. Consultado o 6 de marzo de 2022.
Crese que son os membros máis primitivos da súa clase, a dos malacostráceos, e apareceron por primeira vez no rexistro fósil durante o período Cámbrico.Robert D. Barnes (1982): Invertebrate Zoology. Filadelfia, Pensilvania: Holt-Saunders International. ISBN 978-0-0305-6747-6, pp. 708–709.
Taxonomía Descrición A suborde foi descrita en 1904 polo zoólogo escocés, especialista en carcinoloxía, William Thomas Calman.
Etimoloxía O nome científico Leptostraca está formado pola unión dos elementos de latín científico lept- e -ostraca.Leptostraca no Merriam-Webster Dictionary. O primeiro deriva do adxectivo do grego antigo λεπτός leptós, "fino", delgado", e o segundo do latín científico -ostracum, neutro tirado do grego antigo ὄστρακον óstracon, "vasilla de barro", "anaco dunha vasilla rota", e tamén "cuncha" (de molusco ou de crustáceo).«O periostraco (sic) é unha capa delgada composta dunha sustancia (sic) orgánica córnea coñecida como conquiolina» en Rosa Ramonell (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-506-3, páx. 25.ostracum en YourDictinorary.ostracum en International-Dictiorary.O termo óstracum, nos dous primeiros significados, úsase en arqueoloxía; no terceiro, en malacoloxía. Literalmente: "os de casca fina".
Suborde A orde só contén unha suborde, a dos nebaliáceos (Nebaliacea).
Características Os leptostráceos adoitan seren pequenos, normalmente miden de 5 a 15 mm de lonxitude.Estela C. Lopretto (30 de xullo de 2003): "Phyllocarida", en answers.com.
Estes crustáceos distínguense dos demais membros da súa clase por ter sete segmentos abdominais, en lugar de seis. A súa cabeza ten ollos compostos pedunculados, dous pares de antenas (unha birrámea e outra unirrámea) e un par de mandíbulas, pero sen maxilípedos.
A casca é grande e comprende dúas valvas que cobren a cabeza e o tórax, incluíndo a maioría dos apéndices torácicos, e serve como bolsa de cría para os embrións en desenvolvemento. Os seis primeiros segmentos abdominais levan pleópodos, mentres que o sétimo ten un par de furcas caudais (apéndices abdominais en forma de forcada), que poden ser homólogas aos urópodos doutros crustáceos.Franziska Knopf et al. (2006): "The urosome of the Pan- and Peracarida". Contributions to Zoology 75 (1-2): 1-21.
Teñan as branquias nas extremidades torácicas, pero tamén respiran a través dunha membrana respiratoria no interior da casca. Os ovos eclosionan nun estadio postlarvario que carece dunha casca totalmente desenvolvida, pero que é parecida á dos adultos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Malacostráceos Filocáridos
Categoría:Malacostráceos