Publio Cornelio Arvina (en latín: Publius Cornelius Arvina)Fastos Capitolinos, 294 a. C. foi un cónsul romano no 306 a.C. con mando no Samnio. Levaba o apelido Arvina, un dos que formaba parte da gens Cornelia, familia romana patricia. Máis tarde, no 294 a. C., foi censor e de novo cónsul en 288 a. C.Smith (1841), p. 378

Traxectoria Familia Arvina era membro da ilustre gens patricia Cornelia; unha familia que creou moitas figuras importantes en toda a República Romana e no Imperio Romano. En particular, Arvina era membro da rama cornelia dos Coso, que descendía do heroe romano do século V a.C., Aulo Cornelio Coso, quen acadou gran renome ao matar persoalmente a Lars Tolumnio, o rei de Veies, converténdose nun dos únicos tres romanos rexistarados na historia romana que gañaron a rara honra da Spolia opima.

Arvina era fillo de Aulo Cornelio Coso Arvina, quen tivo unha ilustre carreira a mediados do século IV a. C., chegando ao consulado dúas veces e converténdose nunha ocasión en ditador.

Primeiro consulado No 306 a.C. foi cónsul con Quinto Marcio Trémulo. Neste ano, continuaba a Segunda guerra samnita, que xa levaba vinte anos, e os samnitas viñan de recuperar por asalto as cidades ocupadas polos romanos de Calatia e Sora. A maiores, os hérnicos, que eran aliados dos samnitas, foran sorprendidos o ano anterior fornecéndolles tropas polo que acababan de declara-la guerra a Roma. Para combater a estes dous inimigos, o Senado escolleu a Arvina para loitar contra os samnitas e a Marcio para enfrontarse aos hérnicos. A campaña de Arvina contra os samnitas non comezou ben, xa que a pesar de que a súa forza superaba en número á dos seus opoñentes samnitas, estes, ocuparon os camiños e os pasos de montaña, bloqueando as liñas de abastecemento dos romanos nun intento de someterlos de fame. Así mesmo, aínda que Arvina pretendeu en múltiples ocasións provoca-la batalla a campo aberto, os samnitas fuxiron en tódalas ocasións conscientes da posibilidade dunha derrota e pensaron que sería moito menos arriscado agardar ata que os romanos morresen de fame ou para chegar á unha negociación.

Ao saber da situación do seu colega, Marcio, que xa rematara de someter os hérnicos, foi en apoio de Arvina. Ao coñece-lo achegamento do segundo exército consular, os samnitas souberon que non podían soportar o ataque de dous exércitos romanos á vez, polo que intentaron ataca-las forzas de Marcio antes de que este puidese acudir en auxilio de Arvina. Ao notar o avance dos samnitas, Marcio ordenou aos seus homes que se colocasen en formación de batalla e comezou a batalla. Ao ver a nube de po provocada polo movemento dos samnitas, Arvina ordenou aos seus homes que avanzasen polo flanco samnita, e os seus lexionarios, non querendo que a gloria da vitoria recaese sobre o outro exército en ámbalas dúas campañas, cargaron con gran vigor contra as liñas inimigas. Así, a batalla converteuse nunha vitoria, xa que os samnitas fuxiron do campo en tropel, con ata trinta mil homes samnitas mortos. Despois da batalla, Arvina permaneceu no Samnio controlando os samnitasTito Livio, Ab Urbe condita, libro IX, 42-43 mentres que Marcio regresou a Roma para celebrar o seu triunfo pola súa vitoria sobre os hérnicos.Broughton 1951, p. 165

Outros cargos En 294 a. C., Arvina serviu como censor xunto a Caio Marcio Rutilo Censorino.Tito Livio, Ab Urbe condita, IX, 43, libro X, 47 No seu mandato, Arvina e Rutilo realizaron o censo, contando 262.321 cidadáns romanos.

No 288 a. C., Arvina foi elixido cónsul por segunda vez, unha vez máis con Quinto Marcio Trémulo como colega. Descoñecen os feitos do seu mandato porque deste período non se conserva datos da obra de Tito Livio, a principal fonte da historia romana primitiva. Porén, é probable que durante este ano houbese moito malestar popular, xa que, no ano seguinte, se produciu un conflito cos plebeos.Broughton 1951, p.185

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados no século -III Categoría:Censores romanos