dereita|miniatura| Lisboa na década de 1570 tiña moita poboación de orixe africana. Uns eran escravos ou tratantes de escravos, outros eran libres e mesmo heroes. Había estatuas de santos pretos nas igrexas da cidade, bailes mestizos europeo-africanos e cociña de fusión."A presença africana é a mais importante que temos" (Diário de Notícias) https://www.dn.pt/sociedade/a-presenca-africana-e-a-mais-importante-que-temos-5336490.html Lusotropicalismo é un termo utilizado por primeira vez polo sociólogo brasileiro Gilberto Freyre para describir o suposto carácter distintivo do imperialismo portugués no exterior, propoñendo que os portugueses eran mellores colonizadores que outras nacións europeas.

Freyre teorizou que debido ao clima máis cálido de Portugal e ao estar habitado por celtas, romanos, suevos, godos, mouros e outros pobos na época premoderna, os portugueses eran máis humanos, amigábeis e adaptábeis a outros climas e culturas. El viu as culturas de base portuguesa como culturas de expansión ecuménica. Freyre era favorábel ás independencias dos distintos países da comunidade lusófona sempre que non caísen baixo a órbita doutros imperialismos (soviética, norteamericana, belga, surafricana,…)

A principios do século XX, Portugal era a potencia colonial europea con presenza territorial máis antiga no exterior; nalgúns casos os seus territorios foran continuamente asentados e gobernados polos portugueses durante cinco séculos. O lusotropicalismo celebrou elementos tanto reais como mitolóxicos da democracia racial e da misión civilizadora no Imperio portugués, abarcando unha actitude de mestizaxe cara ás colonias ou territorios de ultramar. A ideoloxía é mellor exemplificada na obra de Freyre.

Críticas e resposta de Freyre O lusotropicalismo ten sido chamado de "espectro malévolo" que volve para perseguir a Portugal e indirectamente ao mundo lusófono, e que enmascara as desigualdades por cuestións de orixe no Portugal posimperial, tamén enmarcado en correntes máis amplas que tentan ignorar as operacións do racismo e a súa confluencia co capital e o patriarcado.

A vida de Freyre, despois de publicar Casa-Grande e Senzala, converteuse nunha eterna fonte de explicación. Repetiu varias veces que non creou o mito dunha democracia racial e que o feito de que os seus libros recoñecesen a intensa mestura entre "razas" no Brasil non significaba falta de prexuízos ou discriminacións. Apuntou que moitas persoas afirmaron que os Estados Unidos foron unha "democracia exemplar" mentres que a escravitude e a segregación racial estiveron presentes na maior parte da historia dos Estados Unidos:

A visión de Salazar miniatura|212x212px| Marcelino da Mata, 1969. Converteuse no oficial militar portugués máis condecorado da historia do exército portugués . dereita|miniatura|205x205px| Eusébio da Silva Ferreira, futbolista portugués nado no Mozambique portugués, considerado un dos mellores futbolistas de todos os tempos. Para apoiar as súas políticas coloniais, o ditador portugués António de Oliveira Salazar adoptou a noción de lusotropicalismo de Freyre ao afirmar que, dado que Portugal era unha nación multicultural, multirracial e pluricontinental desde o século XV, perder os seus territorios de ultramar en África e Asia desmembraría o país e acabaría coa independencia portuguesa. Miguel Vale de Almeida, Portugal’s Colonial Complex: From Colonial Lusotropicalism to Postcolonial Lusophony En termos xeopolíticos, perder estes territorios diminuiría a autosuficiencia do Estado portugués.

Salazar resistiuse fortemente ás ideas de Freyre durante as décadas de 1930 e 1940, en parte porque Freyre afirmaba que os portugueses eran máis propensos que outras nacións europeas á mestizaxe. Adoptou o lusotropicalismo só despois de patrocinar a Freyre nunha visita a Portugal e algúns dos seus territorios de ultramar en 1951 e 1952. A obra de Freyre Aventura e Rotina foi o resultado desa viaxe.

De feito, a estrela deportiva máis destacada de Portugal, Eusébio, e o militar máis condecorado das Forzas Armadas Portuguesas, Marcelino da Mata, baixo o réxime do Estado Novo deseñado e dirixido por António de Oliveira Salazar, eran ambos cidadáns nados e criados nos territorios africanos de Portugal.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eurasianismo Lusosfera Gilberto Freyre Democracia racial Mestizos Regra dunha gota

Bibliografía Castelo, Cláudia, O Modo Português de estar no Mundo' O luso-tropicalismo e a ideologia colonial portuguesa (1933–1961) . Porto: Edições Afrontamento, 1999. Cahen, Michel, "'Portugal is in the Sky': Conceptual Considerations on Communities, Lusitanity and Lusophony", en E.Morier-Genoud & M.Cahen (eds), Imperial Migrations. Colonial Communities and Diaspora in the Portuguese World, Londres: Palgrave, 2012 Nery da Fonseca, Edson. Em Torno de Gilberto Freyre . Recife: Editora Massangana, 2007. ISBN13: 9788570194619 Nery da Fonseca, Edson. Gilberto Freyre de A a Z – Referências essenciais á súa vida e obra . Río de Janeiro: Zé Mario Editor, 2002. Vakil, Abdoolkarim, "'Mundo Pretuguês': Colonial and Postcolonial Diasporic Dis/articulations", en E.Morier-Genoud & M.Cahen (eds), Imperial Migrations. Colonial Communities and Diaspora in the Portuguese World, Londres: Palgrave, 2012. ISBN13: 9780230353695 Villon, Víctor. O Mundo Português que Gilberto Freyre Criou – seguido de Diálogos com Edson Nery da Fonseca . Río de Xaneiro, Vermelho Marinho, 2010. ISBN: 9788562851728

Categoría:Cultura de Portugal Categoría:Cultura do Brasil Categoría:Cultura de Mozambique Categoría:Cultura de Angola Categoría:Antropoloxía cultural Categoría:Socioloxía Categoría:Socioloxía política