Gwenno Mererid Saunders, nada en Cardiff o 23 de maio de 1981, é unha cantante e artista galesa, coñecida artisticamente como Gwenno. Actúa como artista en solitario, e sacou o seu primeiro álbum Y Dydd Olaf con Heavenly Recordings en 2015, e o seu segundo álbum en lingua córnica titulado Le Kov, en 2018. Tamén foi cantante no grupo indie pop The Pipettes.
Traxectoria Saunders naceu en Cardiff. É a filla do poeta e lingüista córnico Tim Saunders e Lyn Mererid, quen é activista e membro do coro Côr Cochion Caerdydd e traballa como tradutora. Segundo ía medrando, o seu pai faloulle en córnico e a súa nai en galés.
Dende os cinco anos asistiu á Academia de Danza Irlandesa Seán Éireann-McMahon e foi membro do elenco da produción de Michael Flatley Lord of the Dance e Feet of Flames cando tiña 17 anos, interpretando o papel principal desta última na produción de Las Vegas Strip. En 2001, tivo un papel na serie en lingua galesa Pobol y Cwm de S4C, despois do cal conseguiría o seu programa Ydy Gwenno'n Gallu...?. É falante fluída en galés e córnico.
O 18 de abril de 2019 presentou "Songs from the Edgelands", un programa sobre cancións en linguas minoritarias para BBC Radio 4.Radio Times; 13–19 de abril de 2019
Influencia cultural En outubro de 2018, Kesva an Taves Kernewek declarou que o álbum de Saunders Le Kov contribuíu a un aumento do 15 % no número de persoas que realizaron exames de lingua córnica durante 2018.
Vida persoal Saunders casou co produtor Rhys Edwards, e ten un fillo. En 2019, foi nomeada Bardo de Gorsedh Kernow polos seus "servizos á lingua córnica a través da música e os medios de comunicación".
Saunders apoia o independentismo galés. Ela dixo: "E se hai outras formas de coexistir? E se podemos organizarnos doutro xeito? Hai unha anarquía innata na arte e un potencial absoluto para utilizala para o ben mentres imaxinamos futuros mellores. Queremos continuar unha conversa sobre unha autodeterminación inclusiva botando man do noso pasado, abrazando aos nosos veciños de todo o Reino Unido e do mundo cos brazos abertos, ao mesmo tempo que nos aseguramos de cantar coa mellor canción posible".
Discografía Con The Pipettes Ano Álbum Posición nas listas UK 2006 We Are The Pipettes 41 2010 Earth vs. The Pipettes –
Álbums en solitario Ano Nome Selo Formato Lingua 2014 Y Dydd Olaf Peski, Heavenly Descarga dixital, CD e vinilo Galés e córnico 2018 Le Kov Heavenly Descarga dixital, CD e vinilo Córnico 2022 Tresor Heavenly Descarga dixital, CD e vinilo Galés e córnico
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Gwenno en Heavenly Recordings Cam O'r Tywyllwch radio show page
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Cardiff Categoría:Cantantes de Gales Categoría:Cantantes en lingua galesa Categoría:Cantantes en lingua córnica Categoría:Bardos de Gorsedh Kernow