Plateia Amerikis (en ) é un filme grego de 2016 dirixido por Yannis Sakaridis. Foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Nakos, un nacionalista grego racista, está no paro e aínda vive cos seus pais aos 38 anos. El ve o crecente número de inmigrantes no seu edificio de apartamentos con noxo. O seu amigo Billy, un tatuador, namórase da cantante africana Tereza, pero ela quere marchar de Grecia. Tarek, un médico sirio, tamén busca fuxir do país coa súa filla. As súas historias fúndense cando os plans de fuga de Tereza e Tarek son frustrados inadvertidamente por Nakos.

Personaxes Vassilis Koukalani como Tarek Yannis Stankoglou como Billy Makis Papadimitriou como Nakos Alexandros Logothetis como Manolis Rea Pediaditaki como Nandia Themis Bazaka como Georgia Errikos Litsis como Stavros

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Grecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua grega Categoría:Filmes de Grecia Categoría:Filmes sobre racismo Categoría:Filmes sobre inmigración