Chevalier é un filme grego de 2015 dirixido por Athina Rachel Tsangari e escrito por Tsangari e Efthymis Filippou. Estreouse na sección de Cinema Contemporáneo do Mundo no Festival Internacional de Cinema de Toronto. Foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Seis homes (o doutor, Yorgos, Josef, Dimitris, Yannis e Christos), relacionados persoal ou profesionalmente entre eles, están gozando dunha viaxe de pesca polo Exeo nun iate de luxo. A noite en que comeza a volta a Atenas, Christos suxire xogar a un xogo que coñece chamado Chevalier: cada home establece unha tarefa que fan todos e deciden quen a fai mellor. Yorgos acepta coa condición de que compitan para ver quen é o mellor en xeral. Comezan entón a xulgar como dormen, que roupa levan, como beben o café...
Elenco Yiorgos Kendros Panos Koronis Vangelis Mourikis Makis Papadimitriou Yorgos Pirpassopoulos Sakis Rouvas Giannis Drakopoulos Nikos Orphanos Kostas Filippoglou
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Grecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 89ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua grega Categoría:Filmes de Grecia Categoría:Filmes dirixidos por Athina Rachel Tsangari Categoría:Filmes rodados en Grecia Categoría:Filmes ambientados en Grecia