Sofía Guadalupe Pérez Eguía y Casanova de Lutoslawski, máis coñecida como Sofía Casanova, nada na Coruña"Sofía Casanova, correspondente de guerra" , en Álbum de mulleres. o 30 de setembro de 1861 e finada en Poznan (Polonia) o 16 de xaneiro de 1958, foi unha actriz de teatro, poeta, novelista e xornalista galega moi prolífica.

Durante a súa mocidade dedicouse á interpretación. Formou parte do Teatro Español e do Teatro da Zarzuela como actriz profesional. Nestes anos frecuentou os círculos literarios de Madrid, onde se iniciou na poesía. Logo do seu casamento co diplomático e intelectual polaco Wincenty Lutosławski viviu en Moscova, Londres e Polonia, amais das tempadas que pasaba en Madrid ou na súa casa de Mera, Oleiros.

Amais de escribir poesía, novela e teatro, traduciu diversas obras do polonés e ruso ao castelán. Nomeada candidata ao Premio Nobel de Literatura en 1926, tiveron máis sona as súas crónicas e escritos xornalísticos. Foi a primeira española correspondente permanente dun diario no estranxeiro e a segunda española correspondente de guerra. Sofía Casanova viviu de primeira man as dúas guerras mundiais e a Revolución Rusa. Entre 1885 e 1938 realizou máis de trinta viaxes por Europa. Traballou como correspondente do diario ABC e os seus escritos apareceron en publicacións como El Ideal Gallego, Revista Gallega, Galicia Moderna, El Eco de Galicia e Ilustración Gallega. Destacan nesta faceta xornalística a súa entrevista a Lev Trotski e a crónica da morte de Grigorii Rasputin.

Foi membro correspondente dende os inicios da Real Academia Galega e en 1952 foi nomeada membro de honra dela. Os esforzos na recuperación desta figura nas últimas décadas non están exentos de polémica, debido ás conviccións conservadoras de Sofía Casanova.

Traxectoria Sofía Guadalupe Pérez Casanova naceu o 30 de setembro de 1861 ás 12 da mañá na rúa Espoz y Mina (hoxe rúa San Andrés) da Coruña, no primeiro piso do número 141.Partida de nacemento de Sofía Casanova. (1861) .Libro Rexistro de nacementos da idade da Coruña . Nacemento nº 715, folio 14. Arquivo Histórico Municipal da Coruña Malia que a propia Sofía declarara nacer no pazo de Ombre en Almeiras (Culleredo), segundo a investigadora Rosario Martínez, a familia trasladouse a Almeiras tempo despois.

Era filla natural de Vicente Pérez Eguía, nacido en Refoxos (Cortegada) e de Rosa Casanova Estomper, natural de Nova Orleáns (EUA) e solteira.Copia literal da fe de bautismo de Sofía Casanova. Libro de bautizados número 25 (anos 1860-1863) da parroquia de San Xurxo da cidade da Coruña, folio 259 e volta. Arquivo Histórico diocesano. Santiago de Compostela. Porén, na súa partida de nacemento non aparecen referencias ao pai, e figura como Sofía Guadalupe Casanova. Os pais casaron despois de nacer Sofía, o 8 de xaneiro de 1863, na igrexa de San Xurxo da Coruña.Segundo consta nunha anotación á marxe da copia literal da fe de bautismo de Sofía Casanova. Libro de bautizados número 25 (anos 1860-1863) da parroquia de San Xurxo da cidade da Coruña, folio 259 e volta. Arquivo Histórico diocesano. Santiago de Compostela.Partida de matrimonio (1863). Libro rexistro de matrimonios da cidade da Coruña. Matrimonio nº 1. Arquivo Histórico Municipal da Coruña O seu avó paterno, Juan Manuel, falecido antes do seu bautismo, era natural de Valongo (Cortegada), mentres que a súa avoa paterna nacera en Madrid. Pola banda materna a súa avoa Isabel Estomper procedía de Nova Orleáns e casara con Juan Bautista Casanova Plá Cancela, natural de Ferrol.

Ao parecer, o pai de Sofía embarcou no buque Esperanza cara a América en 1865. O navío naufragou e non se volveu saber do seu paradoiro, xa que non figuraba o seu nome nas listas de pasaxeiros. Segundo o investigador Marcel Piznik, Vicente Pérez Eguía usaría un nome falso para embarcar, xa que estaba buscado pola policía pola impresión de billetes falsos da lotaría nacional.

O abandono do pai influíu significativamente na situación económica da familia. Esta é unha das posíbeis razóns do traslado da familia de Sofía a Madrid sendo ela unha mociña. A nai, viúva en vida, acolleuse á protección dos pais, que daquela tiñan moi boas relacións en Madrid e na corte da Restauración derivadas da rama militar da familia. Estas relacións, e unha cultura de favores propia da época, permitiu que Sofía e os seus irmáns non só fosen aceptados na sociedade burguesa, senón que tamén puidesen acceder a unha refinada formación intelectual. Ela e o seu irmán Vicente ingresaron no Conservatorio de Música e Declamación de Madrid.

Dende moi nova Sofía comezou a interpretar papeis en obras teatrais de tipo benéfico e acabou por converterse en actriz profesional, motivada polas necesidades económicas da familia. Entre 1878 e 1880 formou parte da nómina do Teatro Español e entre 1880 e 1881 do Teatro da Zarzuela. Esta faceta artística foi en boa medida ocultada posteriormente pola propia Sofía, probabelmente debido á mala reputación á que as mulleres que traballaban no teatro eran asociadas daquela.

miniatura|esquerda|Retrato de Sofía Casanova.

Iniciouse na poesía a través dos círculos literarios de Madrid, creados en torno a figuras como o Marqués de Valmar ou Ramón de Campoamor. Este último converteuse nunha especie de mentor para Sofía. Foi el quen lle presentou ao que sería o seu futuro marido, Wincenty Lutosławski, un intelectual, diplomático e terratenente polaco, cando ela tiña 23 anos. Hai diversas versións sobre un autógrafo ao que Wincenty engadira unha frase en polaco en que indicaba que ela ía ser a súa muller."Ta kobieta bedzie moja zona", en galego "Esta muller vai ser a miña esposa", citado en O certo é que Sofía rompeu a súa relación co poeta Salvador Rueda e casou con Lutosławski en 1887. Tralo casamento, Sofía mudouse á casa da familia Lutoslawsky no dominio de Drozdowo, cerca de Poznań. Esta casa é visitábel na actualidade, xa que alberga o Museo da Natureza dende 1984. Tamén acompañou o seu home en moitas das viaxes que el facía por motivos profesionais ao longo de Europa. En 1888 o matrimonio mudouse a Moscova e tempo despois a Londres. Dende alí volveron a Polonia no ano 1894.

Tivo catro fillas con Wincenty Lutosławski, mais ningún varón. Segundo a investigadora Luisa Monsetny, Lutoslawski tiña unha obsesión cun mito forxado a través do poeta Adam Mickiewicz (concretamente no seu poema Dziady de 1832), e cría que ía ser o pai do futuro salvador de Polonia, nado da unión dun polaco cunha estranxeira. A última das fillas do matrimonio, Halina, naceu en Mera, Oleiros, en 1897. dereita|miniatura|Retrato de tres das fillas de Sofía Casanova e Wincenty Lutosławski. Un dos dramas que contribuíu a desestabilizar o matrimonio foi a enfermidade da súa filla Yadwiga. Esta agravouse pola decisión do pai de non sometela a ningún tratamento médico, convencido de que el mesmo sandaría a pequena coa súa propia enerxía. Tras a morte da filla en 1895, Sofía caeu nunha profunda depresión.

Sofía separouse de Lutoslawski no verán de 1907 e viaxou a Madrid, de onde non partiría a Polonia até o inicio da primeira guerra mundial en 1914. Porén, en 1915 tivo que deixar Varsovia polo avance da guerra. Estabeleceuse en Moscova e posteriormente en San Petersburgo, onde foi testemuña da Revolución Rusa. Conseguiu regresar a Polonia en setembro de 1918 e a España coa fin da gran guerra.

Morreu aos 96 anos sen poder volver a Galicia como era o seu desexo. Está enterrada á beira da súa criada e amiga Josefa López (Pepiña) no cemiterio de Poznan.

Viaxes a Galicia miniatura|page=44|Casanova en Alma Gallega (Montevideo) en 1922. En novembro de 1889 regresou a España, onde permaneceu ata abril de 1890.

No verán de 1896, a familia trasladouse á súa casa en Mera, onde naceu no ano seguinte a cuarta filla, Halina. Nesta época, Casanova comezou a frecuentar a compañía doutras escritoras da Galicia da época, entre elas Fanny Garrido, Filomena Dato e Emilia Pardo Bazán. Os seus escritos foron publicados por Revista Gallega, Galicia ModernaVéxase a lista dos seus escritos nestas dúas revista dixitalizadas pola Real Academia Galega ., El Eco de Galicia e Ilustración Gallega.

En 1919 pasou en Galicia de xullo a outubro. Aproveitou para escribir unha serie de oito artigos para o xornal ABC baixo o título "Por Galicia". En maio de 1925 fixo unha viaxe por Galicia na que visitou A Coruña, onde permaneceu oito días, Compostela e Lugo. Dende Lugo marchou a Madrid.

Obras A carreira literaria de Sofía Casanova abrangue un amplo volume de obras en varios xéneros: poesía, conto, teatro, novela e crónica xornalística. O seu primeiro libro, Poesías, apareceu en 1886. Na súa estadía en España, logo da separación do seu marido, facía colaboracións en publicacións como El Imparcial, La España Artística ou El Liberal. En Madrid tivo unha vida social e intelectual moi activa, e relacionouse coa intelectualidade española do momento. Foi membro, xunto a Blanca de los Ríos, da Academía da Poesía Española. miniatura|175px|En Vida Gallega en 1919. Considerada unha das xornalistas españolas máis importantes do século XX, Sofía foi a segunda correspondente de guerra española. Carmen de Burgos fora a primeira, ao traballar para El Heraldo de Madrid cubrindo a guerra de Marrocos en 1909. Porén, algúns investigadores declaran que Sofía debería ser considerada a primeira, de acordo co grado de profesionalización e permanencia nesta actividade. Ambas as xornalistas foron amigas. Casanova foi proposta como correspondente permanente do ABC por Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio.

Actuou como correspondente do ABC en Polonia de 1915 a 1944 e chegou a publicar máis de 850 crónicas. As tres recompilacións da súa obra xornalística feitas na época non abranguen a súa totalidade. Tense cuestionado a natureza destes relatos como crónicas de guerra ou relatos da fronte. A última das súas crónicas, escrita en Poznan en decembro de 1957, foi publicada a título póstumo no suplemento Blanco y Negro do 1 de febreiro de 1958.

En El Ideal Gallego publicou unha serie de artigos entre outubro de 1919 e febreiro de 1920 nos que facía unha crónica da súa experiencia durante a primeira guerra mundial. Tratábanse de notas autobiográficas inicialmente destinadas á súa nai, mais acabaron sendo publicadas, unha vez recuperadas, como serie neste medio baixo o título “En los caminos del fuego y la nieve".

Entre 1885 e 1938 realizou máis de trinta viaxes por Europa, presenciando os diferentes cambios territoriais que deron en boa medida a configuración política actual. Destacan, no seu labor xornalístico, a entrevista a Lev Trotski en 1917 e a crónica da morte de Grigorii Rasputin para o diario ABC.

Só conta cunha obra teatral, a comedia La madeja, estreada en 1913 no Teatro Real de Madrid, baixo a presidencia de Benito Pérez Galdós.

Realizou un labor de tradutora do polonés e o ruso para o castelán. Son da súa autoría as primeiras traducións españolas das obras de Henryk Sienkiewicz. Traduciu do ruso a obra de Sofia Vasilevsna Kovalevskaia Nigilistka, publicada en español como Zofja Kowalewska. Una nihilista. Novela rusa (Madrid, Pérez Villavivencio edit., 1909).

Como xornalista e cronista destacan os artigos publicados en ABC entre 1915 e 1936 e os títulos La mujer española en el extranjero (Madrid, 1910), De la Revolución Rusa (Madrid, 1918), Impresiones de una mujer en el frente oriental de la guerra europea (Madrid, 1919), La revolución bolchevista. Diario de un testigo]' (Madrid, 1920) ou El martirio de Polonia (Madrid, 1946).

miniatura|Retrato en Vida Gallega, 1933. Poesías, Madrid, 1886