Betagarri é un grupo musical de Vitoria (País Vasco) formado a finais de 1992.
O grupo iniciouse con Gontzo, Iñaki e Aitor, que eran amigos e acostumaban saír de festa co nome de guerra de Betagarri. A Gontzo tocoulle unha guitarra eléctrica nun concurso da televisión, e como Iñaki cantaba nun coro e Aitor adoitaba tocar unha guitarra española, empezaron a tocar algunhas cousas e máis xente se foi unindo ó grupo.
En febreiro de 1997 gravaron o seu primeiro disco, Betagarri, publicado por Mil A Gritos Records.
Os compoñentes do grupo son: Iñaki, voz. Aitor, guitarra. David, saxo. Iker, batería. Mikel, trombón. Unai, trompeta. Paulo, baixo. Iosu, novo baixo.
Discos publicados Maketa (1994) Betagarri (1997) Arren Erro Zaharra (1999) 80/00 (2000) Freaky Festa (2000) Remix (2001) Arnasa Hartu (2002) Zuzenena (2004) Hamaika Gara (2006) Bizitzari txistuka (2009) Zorion Argiak (2012)
Véxase tamén Ligazóns externas www.betagarri.com
Categoría:Grupos musicais do País Vasco Categoría:Grupos musicais de ska punk Categoría:Grupos musicais formados en 1992