Alain Tanner, nado en Xenebra o 6 de decembro de 1929 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 2022, foi un director de cinema suízo.
Traxectoria Tanner estudou economía na Universidade de Xenbra. En 1951, uniuse ao cineclub que Claude Goretta acababa de fundar na universidade. Tras graduarse e traballar un breve tempo en empresas navieiras internacionais, pasou a centrarse no cinema.
Tanner atopou traballo no British Film Institute en 1955 subtitulando, traducindo e organizando o arquivo. O seu primeiro filme, Nice Time (1957), unha curtametraxe documental sobre Piccadilly Circus durante as tardes das fins de semanas, realizouno con Goretta. Producido polo British Film Institute Experimental Film Fund, foi mostrado por primeira vez no terceiro programa sobre Free Cinema no National Film Theatre en maio de 1957. O seu filme debut gañou un premio no festival de Venecia e foi eloxiado pola crítica.
Tanner marchou un tempo a Francia onde participou en varios filmes comerciais. Alí coñeceu algún dos máis importantes directores da Nouvelle Vague de París, así como a Henri Langlois, director da Cinémathèque Française. Mais a atmosfera dos círculos cinematográficos da cidade desagradouno; el describiuno como "desapiadado".
Entre 1960 e 1968, Tanner volveu a Suíza e realizou máis de corenta filmes, ademais de documentais para a Télévision Suisse Romande. En 1962 cofundou o "Groupe Cinque" de novos cineastas suízos.
O seu primeiro filme, Charles, Dead or Alive (1969), gañou o primeiro premio do festival de Locarno. Os dous seguintes, La Salamandre (1971) e Jonas qui aura 25 ans en l'an 2000 (1976), realizounos en colaboración co crítico de arte e novelista John Berger, que traballara con el, en menor grao e sen acreditar no guión de Charles. miniatura|Tanner, por Erling Mandelmann en 1993 Influído pola súa participación no movemento británico do Free Cinema en Londres e coa Nouvelle Vague en París, Tanner é coñecido sobre todo polos seus filmes Jonas qui aura 25 ans en l'an 2000, Na cidade branca e Messidor. Na cidade branca participou na 33.ª edición do Festival de Berlín.
Filmografía Nice Time (1957) Ramuz, passage d'un poète (1961) L'École (1962) Les Apprentis (The Apprentices) (1964) Une ville à Chandigarh (A City at Chandigarh) (1966) Docteur B., médecin de campagne (1968) Charles mort ou vif (Charles, Dead or Alive) (1969) La Salamandre (The Salamander) (1971) Le Retour d'Afrique (1972) Le Milieu du monde (1974) Jonas qui aura 25 ans en l'an 2000 (1976) Messidor (1979) Les Années lumière (1981) Na cidade branca (1983) No Man's Land (1985) Une flamme dans mon coeur (1987) La Vallée fantôme (1987) La Femme de Rose Hill (1989) L'Homme qui a perdu son ombre (1991) Le journal de Lady M (1993) Les Hommes du port (1995) Fourbi (1996) Requiem (1998) Jonas et Lila, à demain (1999) Fleurs de sang (2002) Paul s'en va (2004)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Alain Tanner at the Swiss Film Directory
Categoría:Nados en Xenebra Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Directores de cinema de Suíza