Alessandra Giliani, nada probablemente en San Giovanni in Persiceto en 1307 e finada o 26 de marzo de 1326, foi a primeira muller en ser rexistrada en documentos históricos como practicante da anatomía, o que hoxe se chamaría patoloxía.
Algúns estudosos consideran que foi inventada por Alessandro Machiavelli (1693-1766),Anthony Grafton , Forgers and Critics: Creativity and Duplicity in Western Scholarship , 1990 Note 5 on p. 138 mentres outros manteñen que a participación dunha muller na anatomía nesa época era tan asombrosa que foi suprimida da historia.
Traxectoria miniatura|Mondino dei Liuzzi, Anathomia, 1541 Crese que Giliani naceu en 1307. A crónica da súa vida afirma que faleceu en 1326, posiblemente por unha ferida séptica, aos dezanove anos. Lembrada como a primeira anatomista feminina do mundo occidental, foi célebre por ser unha brillante prosectora (preparadora de cadáveres para a disección anatómica). Traballou como asistente cirúrxica para Mondino de Luzzi (falecido en 1326), profesor de sona na Universidade de Boloña e acreditado por ser o pai da anatomía moderna grazas a un texto seminal datado en 1316.
De Giliani dise que levou a cabo as súas propias investigacións anatómicas, como o desenvolvemento dun método para drenar o sangue dun cadáver e a súa substitución por un endurecemento de tintura e cor, axudando á compresión do sistema circulatorio coronario pulmonar. Toda a evidencia do seu traballo perdeuse ou foi destruído.
A curta vida de Alessandra Giliani foi honrada por Otto Angenius, tamén un dos axudantes de Mondino e, probablemente, o seu prometido, cunha placa no San Pietro e Marcellino degli Spedolari di Santa Maria di Mareto, o d'Ulmareto, que describe o seu traballo.
Legado Foi mencionada polo historiador do século XIX Michele Medici, que publicou unha historia sobre a escola boloñesa de anatomía en 1857.
A novela de Barbara Quick,A Golden Web publicada por HarperTeen en 2010, é unha ficción que imaxina a vida nos tempos de Alessandra Giliani.
O cráter de Venus Giliani foi bautizado na súa honra.
O seu nome aparece no Heritage Floor da instalación The Dinner Party da artista Judy Chicago.Alessandra Giliani en The Dinner Party
Notas
Véxase tamén Bibliografía Alessandro Macchiavelli, Effemeridi sacro-civili perpetue bolognesi, Boloña, 1739 Michele Medici, Compendio storico della Scuola anatomica di Bologna dal rinascimento delle scienze e delle lettere a tutto il secolo 18, con un paragone fra la sua antichità e quella delle scuole di Salerno e di Salerno e di Padova, Tipografia Governativa Della Volpe e del Sassi, Boloña, 1857 Elizabeth H. Oakes, Encyclopedia of world scientists, Vol. 1, Infobase Publishing, 2007 ISBN 9780816061587 Marta Cavazza, MACCHIAVELLI, Alessandro, Dizionario Biografico degli Italiani, vol. LXVI, pp. 24-28, Istituto dell'Enciclopedia italiana Treccani Franco Bacchelli, LIUZZI, Mondino de' (Mundinus, Raymundinus; de Leuciis, de Liuciis, de Luciis), Dizionario Biografico degli Italiani, vol. LXV, pp. 309-314, Istituto dell'Enciclopedia italiana Treccani Outros artigos Mulieres Salernitanae
Categoría:Nados na provincia de Boloña Categoría:Nados en 1307 Categoría:Finados en 1326 Categoría:Médicos de Italia