miniatura|dereita|250px|Festa da empanada da Bandeira, en 2009.
A festa da empanada é unha festa gastronómica celebrada en diversos lugares.
Nesta festa, de exaltación da empanada, os participantes levan varias mostras para mostrárllelas ó público. Estas confeccións son tanto de diferentes masas (millo, trigo...) como de diversos contidos (iscos con fetas de touciño, bacallau con pasas, zorza, polo, atún, zamburiñas, xoubas...).
Dada a súa tradición na gastronomía galega, existen varias festas dedicadas a este produto: Festa da empanada da Bandeira. Festa da empanada de lamprea. Celébrase en abril, en Padrón, normalmente coincidindo co Sábado Santo. Festa da empanada de Noia, celebrada a última fin de semana de agosto. Romaría de Santa Margarita, (A Coruña). Último domingo de agosto. Nela celébrase un importante concurso de empanadas. Festa do millo corvo en Meiro (Bueu). Festa da empanada de Chantada.
Empanada Categoría:Empanadas