htumb|200px|dereita dereita|miniatura|Imaxe de San Caetano na igrexa de Quintela (Crecente).
Caetano de Thiene, ou en italiano Gaetano di Thiene, nado en Vincenza en outubro de 1480 e finado en Nápoles o 7 de agosto de 1547, foi un relixioso italiano, venerado polos católicos como San Caetano.
Traxectoria Doutorouse en Dereito na Universidade de Padua en 1504 antes de ingresar no clero. Foi chamado a Roma por Xulio II, que o fixo secretario, en 1506. O seu contacto coa curia desencantouno e levouno a ser un dos primeiros reformadores católicos: .
Deixou Roma tan pronto como puido e adicouse á caridade e a reforma. Non foi ordenado sacerdote até 1516, pois non se consideraba digno do cargo. Volveu a Roma en 1523 para fundar con Pietro Carafa (que se había converter despois no papa Paulo IV) a primeira congregación de cregos regulares, a dos Teatinos.
O seu nome parece que provén dun tío seu que era nativo de Gaeta, pois xa en época romana se chamaba Caietani aos desta vila. Foi canonizado por Clemente X no 1671. A súa festa celébrase o 7 de agosto.
Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia Categoría:Nados en 1480 Categoría:Nados na provincia de Vicenza Categoría:Finados en 1547 Categoría:Teatinos Categoría:Relixiosos católicos de Italia