Ricardo Cabanas Rey, nado o 17 de xaneiro de 1979 en Zürich, é un futbolista galego-suízo. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Grasshopper Club Zürich. É o curmán do tamén xogador de fútbol Raúl Cabanas.

Traxectoria Cabanas comezou a xogar no Grasshoppers Zürich, no que ficou algunhas tempadas ata fichar polo FC Köln, en xuño de 2007 o seu equipo anunciou que volvía ao seu anterior club, o Grasshoppers. É internacional por Galicia e por Suíza. Con estes últimos disputou o Mundial de Fútbol Alemaña 2006.

Participou no encontro de recuperación da Selección galega, xogado contra o Uruguai en Santiago de Compostela e onde Galicia venceu por 3-2. Tamén xogou no partido de 2006 fronte a Ecuador, pero unha lesión no xeonllo apartouno da competición en 2007 e perdeu o partido de Galicia contra o Camerún.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en fifa.com Páxina oficial do xogador

Categoría:Suízos de ascendencia galega Categoría:Futbolistas de Suíza Categoría:Futbolistas de Galicia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Nados en Zürich Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Suíza Categoría:Nados en 1979 Categoría:Xogadores do Grasshopper-Club Zürich Categoría:Xogadores do EA Guingamp Categoría:Xogadores do 1. FC Köln