Muchachada Nui foi un programa de televisión de humor surrealista que se emitiu en La 2 de Televisión Española. É unha continuación do programa La hora chanante emitido en Paramount Comedy.

Nome Orixinalmente o programa íase chamar La hora chanante, pero Paramount Comedy, propietaria dos dereitos do antigo programa con ese mesmo nome, impediu que se chamase así. Nunhas declaracións, os actores argumentaron que escolleron o nome de Muchachada Nui como combinación de dous factores: "muchachada", que é unha palabra que usan moito no seu vocabulario manchego, e "nui", que provén da expresión "ojete nui", que é "cando che proe o ollo do cu porque non o lavas ben".

Actores O programa conta coa presenza dos mesmos actores que La hora chanante, pero en cambio, non conta cos mesmos personaxes ("El Gañán", "Vicentín", etc.), debido a que os dereitos dos mesmos eran propiedade de Paramount Comedy. Estes son, principalmente, Julián López, Ernesto Sevilla, Raúl Cimas, Pablo Chiapella, Aníbal Gómez, Carlos Areces e o director e creador Joaquín Reyes.

Audiencias Tempada Episodios Estrea Final Audiencia media Espectadores Cota 1 13 19 de setembro de 2007 12 de decembro de 2007 629 000 4,1% 2 13 9 de abril de 2008 2 de xullo de 2008 640 000 4,1% 3 13 18 de febreiro de 2009 13 de maio de 2009 727 000 5,6% 4 13 13 de xaneiro de 2010 21 de abril de 2010 353 000 2,3% Total 52 2007 2010 587 000 4,0%

O 25 de febreiro de 2009, o programa acadou o seu récord histórico cun 7,6% en cota de pantalla e 967.000 espectadores coa emisión do 2º capítulo da 3ª tempada.

En Internet Trala difusión masiva de vídeos de La hora chanante en Internet, Muchachada Nui destacou pola promoción activa neste medio. Así, nun movemento case sen precedentes en España, as promos previas á estrea e a maioría dos sketches de cada episodio foron subidas pola propia RTVE á súa canle de vídeos de YouTube. Así mesmo, e aínda que a audiencia se sitúa na media da canle, RTVE publicou un vídeo en YouTube no que Joaquín Reyes interpreta a Tita Cervera pedindo que se vexa o programa na televisión ademais de en Internet.

O 24 de outubro de 2007, día da sexta emisión, RTVE estreou a propia web do programa, onde están dispoñíbeis todos os sketches. Conta ademais cun blog, a conta de Enjuto Mojamuto en Twitter, foros e chamadas á participación da comunidade.

Dende novembro de 2007, o personaxe de Enjuto Mojamuto dispón do seu propio espazo na comunidade microblogging Twitter. Foi un dos pioneiros en introducir Twitter en España.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Muchachada Nui na páxina da rtve.es

Categoría:Programas de televisión de España Categoría:Programas de La 2