Nicolás Camino Huertas, nado en Pontedeume o 24 de decembro de 1941 e finado en Cacheiras (Teo) o 11 de setembro de 2021, foi un xornalista e locutor radiofónico galego.

Traxectoria Como estudante estivo en Santiago de Compostela e Madrid. Durante un tempo foi profesor no instituto da Agra do Orzán, na Coruña.

Comezou en Radiocadena Española. Desde finais de 1984 Camino empezou a traballar no equipo de preparación da Radio Galega desde un piso na rúa Xeneral Pardiñas de Santiago.

Coa creación da Radio Galega, Camino formou parte do equipo inicial. De feito, foi súa a voz primeira en emitirse cando comezaban as emisións da radio, e foi el quen anunciou que, logo de se escoitar o himno galego, comezaban as emisións en probas da radio. Xefe de programas nos primeiros anos da cadea, continuou vinculado á empresa presentando programas musicais nos que era especialista, 'Así canta Galicia' (dedicado á música coral) e 'Concerto popular', dedicado ás bandas de música. Xubilouse en 2009.

Fundou a Asociación Galega da Radiodifusión, que quería agrupar os profesionais da radio en Galicia, e foi o seu primeiro presidente.

Obra

Así canta Galicia (Xerais, 2001). Con prólogo de Xesús Ferro Ruibal. Catálogo e historia das corais de Galicia.

Notas

Categoría:Xornalistas de Pontedeume Categoría:Personalidades da Radio Galega Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Xornalistas radiofónicos de Galicia