Kendrick Melvin Nunn, nado o 3 de agosto de 1995 en Chicago, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Panathinaikos BC grego.
Traxectoria profesional Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2018, Nunn asinou cos Golden State Warriors, cos que xogou a Liga de Verán da NBA de 2018 e participou nos adestramentos de pretempada. O 12 de outubro de 2018, os Warriors cortaron a Nunn sen chegar a debutar en partido oficial. O 22 de outubro de 2018, Nunn asinou cos Santa Cruz Warriors, afiliado de Golden State na NBA G League.
O 10 de abril de 2019, Nunn asinou cos Miami Heat. Debutou na NBA cos Heat o 23 de outubro de 2019, facendo 24 puntos, 3 asistencias, 2 rebotes e 2 roubos de balón na vitoria de Miami por 120–101 contra os Memphis Grizzlies. Na súa tempada coma rookie, foi elixido coma Rookie do Mes da Conferencia Leste en tres ocasións, participou no Rising Stars Challenge de 2020, e rematou na segunda posición na votación ó Rookie do Ano da NBA.
O 6 de agosto de 2021, Nunn asinou cos Los Angeles Lakers.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC