Marián Chovanec, nado en Trenčín o 16 de xuño de 1957, é un bispo católico eslovaco.

Traxectoria Marián Chovanec estudou no instituto da súa cidade natal e no seminario de Bratislava, ordenado sacerdote o 17 de xuño de 1989 realizou estudos de teoloxía en Polonia, consagrado en 1999 bispo auxiliar de Nitra e bispo titular de Maxita, unha sede situada no norte de África sen xurisdición real, é o secretario xeral da Conferencia Episcopal Eslovaca cargo ó que accedeu no ano 2000.

Categoría:Bispos católicos de Eslovaquia Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados no kraj de Trenčín