Alejandro de la Iglesia, máis coñecido como Álex de la Iglesia, nado en Bilbao o 4 de decembro de 1965, é un realizador, produtor e guionista de cinema español, licenciado en filosofía pola Universidade de Deusto e ex-debuxante de banda deseñada.
Traxectoria O seu primeiro traballo no mundo cinematográfico foi como director artístico no filme Todo por la pasta, de Enrique Urbizu, traballo que repetiu na curtametraxe "Mamá" de Pablo Berguer. A súa primeira curtametraxe, Mirindas asesinas (1991), conseguiu chama-la atención do cineasta Pedro Almodóvar, e da súa produtora El Deseo Films, produciu a primeira longametraxe de Álex, Acción Mutante (1993). Seguiulle o filme que o consagraría como un dos directores máis importantes do panorama do cinema español: El día de la Bestia (1995). Esta longametraxe, considerada como un filme de culto por moitos adolescentes, conseguiu seis premios Goya, entre os que destaca o premio á Mellor Dirección. Este filme tamén encumbrou a Santiago Segura, un dos actores máis famosos do cinema español.
Máis tarde dirixiu sketches para televisión (El peor programa de la semana de O Gran Wyoming para Televisión Española e Inocente, Inocente, para as televisións autonómicas) e máis longametraxes: Perdita Durango (1997), Muertos de risa (1999), La comunidad (2000), 800 balas (2002), Crimen ferpecto (2004), The Oxford Murders (2007), Balada triste de trompeta (2010) e en 2011 estrenou La chispa de la vida, con Salma Hayek e José Mota como protagonistas.
Escribiu tamén a novela Payasos en la lavadora (1997) e publicou varios artigos en prensa.
Filmografía
Longametraxes Acción mutante (1993) El día de la Bestia (1995) Perdita Durango (1997) Muertos de risa (1999) La comunidad (2000) 800 balas (2002) Crimen ferpecto (2004) The Incredibles (Voz) (2004) La habitación del niño (2006) The Oxford Murders (2007) Balada triste de trompeta (2010) La chispa de la vida (2011) Las brujas de Zugarramurdi (2013) Messi (2014) Mi gran noche (2015) El bar (2017) Perfectos desconocidos (2017)
Curtametraxes Mirindas asesinas (1991) Mirindas Asesinas, primeira curtametraxe de Álex de la Iglesia en Vimeo. ¡Enigma en el bosquecillo! (2000) El código (2006) Hitler está vivo (2006) La tragedia de Franco (2009)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina Oficial de Álex de la Iglesia
Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Nados en 1965 Categoría:Directores de cinema do País Vasco Categoría:Guionistas de España