Manuel Rey Gosende, nado en Bastavales (Brión) o 15 de xuño de 1841 e finado en Padrón o 17 de febreiro de 1915, foi un médico e político galego.

Traxectoria Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Ao rematar a carreira fixo oposicións ao Corpo de Sanidade da Armada, obtendo praza, que desempeñou por pouco tempo. Foi elixido deputado a Cortes nas eleccións constituíntes da Primeira República Española. Despois retornou a Padrón, onde exerceu a súa profesión de médico ata a súa morte o 17 de febreiro de 1915.Nova Galicia, 21-4-1915, p. 2.

Vida persoal Casou con Manuela Baltar Cortés, filla de Ángel Baltar Varela e irmá de Ernesto e Ángel Baltar Cortés, e foi pai de Ramón, Andrés, Ángela, María, Cesáreo, Dolores Josefa, Ángel, Manuela e Rita Rey Baltar.

Notas

Categoría:Médicos de Brión Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Brión Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1915 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos