Emilio Amavisca Albo, nado en Laredo o 6 de xuño de 1946, é un exfutbolista español que xogaba de lateral. Destacou especialmente no Pontevedra, co que xogou 183 partidos oficias en tres categorías diferentes (Primeira, Segunda e Terceira).
É pai do tamén futbolista, e internacional coa selección española, José Emilio Amavisca.
Traxectoria Debutou co Laredo en Terceira División na tempada 1964/65, e despois de militar na Gimnástica de Torrelavega e conseguir con esta un histórico ascenso a Segunda División en 1966, fichou polo Burgos CF tamén da categoría de prata. Xunto a Rafael Zamora, foi un fixo na defensa burgalesa durante os seguintes tres anos.
No verán de 1969 fichou polo Pontevedra. Debutou na Primeira División na xornada 6 da tempada 1969/70, contra o Deportivo da Coruña en Riazor. Foi titular durante o resto da tempada, formando na defensa xunto a Calleja, Irulegui e Batalla, na que foi a derradeira campaña do Pontevedra na máxima categoría. Tralo descenso a Segunda, continuou cinco anos máis no club galego, os dous últimos na Terceira División, disputando 183 partidos oficiais, algúns deles como capitán.
En 1975 regresou ao Laredo, que viña de ascender a Terceira. Militou dúas tempadas no club cántabro e outras dúas no Santoña, onde se retirou en 1979.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados en Laredo Categoría:Nados en 1946 Categoría:Futbolistas de Cantabria Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da Gimnástica de Torrelavega Categoría:Xogadores do Burgos CF Categoría:Xogadores do Pontevedra CF