Top Gun é un filme estadounidense de 1986 dirixido por Tony Scott e producido por Don Simpson e Jerry Bruckheimer, en asociación con Paramount Pictures. O guión foi escrito por Jim Cash e Jack Epps Jr., e foi inspirado por un artigo titulado "Top Guns", publicado na revista California tres anos antes. Está protagonizado por Tom Cruise, Kelly McGillis, Val Kilmer, Anthony Edwards e Tom Skerritt.
En 2015, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos escolleuno para a súa preservación no National Film Registry por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo". Unha secuela, titulada Top Gun: Maverick estaba prevista para a súa estrea o 26 de xuño de 2020, mais foi posposto para o 23 de decembro de 2020, e despois ao 19 de novembro de 2021 por mor da pandemia de COVID-19.
Personaxes
Tom Cruise como Pete "Maverick" Mitchell Kelly McGillis como Charlotte "Charlie" Blackwood Val Kilmer como LT Tom "Iceman" Kazansky Anthony Edwards como Nick "Goose" Bradshaw Tom Skerritt como Mike "Viper" Metcalf Michael Ironside como Rick "Jester" Heatherly John Stockwell como Bill "Cougar" Cortell Barry Tubb como Henry "Wolfman" Ruth Rick Rossovich como Ron "Slider" Kerner Tim Robbins como Sam "Merlin" Wells Clarence Gilyard como Marcus "Sundown" Williams Whip Hubley como Rick "Hollywood" Neven James Tolkan como Tom "Stinger" Jardian Meg Ryan como Carole Bradshaw Adrian Pasdar como Charles "Chipper" Piper
Notas
Véxase tamén
Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2013 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Tony Scott Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes gañadores do Óscar á mellor canción orixinal Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes sobre aviación dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX