200px|miniatura|Alejandro Amenábar, director do filme gañador. Esta é unha lista dos filmes propostos na 77ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.En abril de 2019 o nome da categoría cambiouse a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada: A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.

A lista oficial de filmes aceptados incluíu 51 filmes. Malaisia presentou un filme por primeira vez. Os candidatos de Colombia, Hong Kong e Ucraína foron rexeitados antes de comezar o proceso formal de revisión, mais Colombia presentou outro filme no seu canto. Os cinco nomeados (Alemaña, Francia, España, Suecia e Suráfrica) anunciáronse o 25 de xaneiro de 2005. O galardón recaeu sobre España, co filme Mar adentro dirixido por Alejandro Amenábar.

Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Khakestar-o-khak Dari e paxto Der Untergang Alemán El abrazo partido Castelán Antares Alemán De zaak alzheimer Neerlandés Kod amidže Idriza Serbocroata Olga Portugués Mila ot Mars Búlgaro La Face cachée de la Lune Francés Horem pádem Checo Machuca Castelán A casa das dagas voadoras Mandarín El rey Castelán Taegukgi Hwinalrimyeo Coreano Duga mračna noć Serbocroata De fem benspænd Dinamarqués , Lars von Trier Crónicas Castelán Pod njenim oknom Esloveno Mar adentro Castelán Sigade revolutsioon Estoniano , René Reinumägi Baheb el cima Árabe Crying Ladies Tagalo Lapsia ja aikuisia Finés Os coristas Francés Un toque de canela Grego Dai zek lo Cantonés , Johnnie To Kontroll Húngaro Shwaas Marathi Lakposhtha hâm parvaz mikonand Kurdo Kaldaljós Islandés Medurat Hashevet Hebreo Le chiavi di casa Italiano Antiga República Iugoslava de Macedonia Golemata voda Macedonio Puteri Gunung Ledang Malaio Voces inocentes Castelán Hawaii, Oslo Noruegués Simon Neerlandés The Olive Harvest Árabe Pręgi Polaco O Milagre segundo Salomé Portugués Orient Express Romanés Nochnoy dozor Ruso Jesen stiže, Dunjo moja Serbocroata Så som i himmelen Sueco Mein Name Ist Bach Alemán Yesterday Zulú Hom rong Tailandés 20 30 40 Mandarín Voditel dlya Very Ruso Whisky Castelán , Pablo Stoll Punto y Raya Castelán Dare mo Shiranai Xaponés

Descualificacións A proposta orixinal de Colombia, María, llena eres de gracia, foi descualificada porque a Academia considerou que tiña demasiado diálogo en inglés. A proposta de Hong Kong foi descualificada por problemas coa data de estrea. Aproposta de Ucraína foi descualificada porque a Academia considerou que era unha produción principalmente rusa e non ucraína.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial dos Premios da Academmia

77 Categoría:Cinema en 2004