Evdokia Uralova, nada en Sokolyanka o 22 de agosto de 1902 e finada en Minsk o 17 de maio de 1985, foi unha política e diplomática soviética da República Socialista Soviética de Belarús activa na política internacional na década de 1940, defensora dos dereitos humanos e dos dereitos das mulleres.

Traxectoria En 1946 foi unha das asinantes da Carta aberta ás mulleres do mundo presentada e lida por Eleanor Roosevelt na 29 sesión plenaria da Asemblea Xeral de Nacións Unidas celebrada en Londres o 12 de febreiro de 1946.«Grabación de la rueda de prensa en Londres de la Presentación de la Carta». 1946.

En 1947 foi membro fundadora e relatora da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller ante a Comisión de Dereitos Humanos. onde defendeu con firmeza a igualdade de salario para as mulleres. Grazas a ela, o Artigo 23 afirma o seguinte: «Toda persoa ten dereito, sen ningunha discriminación, a igual salario por igual traballo». Ademais, xunto con Fryderyk Kalinowski, de Polonia, e Elizavieta Popova, da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, puxo de relevo os dereitos das persoas que viven en territorios non autónomos tal como establece o Artigo 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos: «non se fará ningunha distinción baseada no estatuto político, xurídico ou internacional do país ou do territorio ao cal pertenza unha persoa, tanto se é independente coma se está baixo administración fiduciaria, se non é autónomo, ou está baixo calquera outra limitación de soberanía».

En febreiro de 1948 visitou Estados Unidos como ministra do seu país.

Notas

Categoría:Diplomáticos da Unión Soviética Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Políticos da Unión Soviética