A princesa Zenani Mandela-Dlamini, nada o 4 de febreiro de 1959, é unha diplomática surafricana. É a filla máis vella de Nelson Mandela e a súa segunda esposa, Winnie Mandela.
Traxectoria Mandela-Dlamini estivo a piques de nacer en prisión, xa que a súa nai Winnie Mandela foi arrestada preto do seu nacemento en 1959.Smith, David, "Nelson Mandela's daughters emerge from his shadow to forge careers", The Guardian, 7 de xullo de 2012. Consultado o 5 de maio de 2016. Cando tiña catro anos, o seu pai foi encarcerado, permanecendo en prisión durante 27 anos. Ata que non cumpriu 16 anos en 1974, non puido visitalo. É irmá da tamén diplomática Zindzi Mandela.
Mandela-Dlamini estudou no Waterford Kamhlaba United World College of Southern Africa e cursou ciencias na Universidade de Boston. Foi alí onde coñeceu ao Príncipe Thumbumuzi Dlamini de Suazilandia, irmán máis vello do monarca reinante, Mswati III de Suazilandia e da raíña Mantfombi dos zulús. Casaron en 1973 e tiveron catro fillos: Zaziwe (1977), Zamaswazi (1979), Zinhle (1980) e Zozuko (1992), ademais de seis netos. Actualmente están separados."Nelson Rolihlahla Mandela". South African History Online.
Mandela-Dlamini foi nomeada embaixadora de Suráfrica na Arxentina en xullo de 2012, converténdose na primeira dos fillos de Mandela en ingresar no servizo público.Laing, Aislinn, "Nelson Mandela's daughter appointed South Africa ambassador to Argentina", The Telegraph, 4 de xullo de 2012. Sucedeu ao diplomático e exlíder opositor Tony Leon. Deixou o cargo en 2017, cando foi nomeada alta comisionada surafricana en Mauricio.
Tralo divorcio dos seus pais, Mandela-Dlamini converteuse na Primeira Dama substituta de Suráfrica ata que o seu pai volveu casar no seu 80 aniversario coa ex primeira dama de Mozambique, Graça Machel.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Boston Categoría:Nados en 1959 Categoría:Diplomáticos Categoría:Nados en Suráfrica