Na mitoloxía grega, Tiresias foi un afamado adiviño cego da cidade de Tebas "Tiresias, famosísimo en tódalas cidades de Aonia, daba respostas irreprochables á xente que ía consultarlle" (Ovidio: Metamorfosis, III, 330-340).. Outro soado adiviño foi Calcas (ou Calcante), de Troia.
Era fillo de Everes e da ninfa Cariclo. Tivo dúas fillas: Manto (adiviña como el "A filla de Tiresias, Manto, coñecedora do porvir..." (Ovidio: Metamorfosis, VI, 157)., e nai do tamén adiviño Mopso) e Dafne.
Tiresias quedou cego desde novo, pero non o era de nacemento. Existen distintas versións que tratan de explicalo: para uns a súa cegueira foi causada pola deusa Atenea, que o castigou por sorprendela espida mentres se bañaba; para outros foino pola deusa Hera, anoxada pola súa resposta nunha disputa con Zeus sobre o pracer que sentía un home ou unha muller. En ámbolos casos foi compensado co don de ver o futuro.
O baño de Atenea Pseudo-Apolodoro recolle a versión de Ferécides segundo a cal, cando Tiresias era mozo viu accidentalmente a Atenea cando se bañaba espida na fonte Hipocrene, no Monte Helicón. A deusa, defensora ata a morte da castidade, considerou esta indiscreción como un atentado contra o seu pudor, e deixouno cego. thumb|Tiresias aparece ante Odiseo durante o sacrificio (Heinrich Füssli, 1780-85, Graphische Sammlung der Albertina, Viena) Cando a nai, Cariclo, lle rogou que lle devolvese a vista, Hera non puido facelo pois non tiña o poder de desfacer o feito, pero limpándolle os ollos fixo que comprendese a linguaxe dos paxaros. Na antigüidade grega pensábase que os paxaros falaban entre si contándose o que ía pasar Melampo, fillo de Amitaón, tamén aprendeu a interpretar a linguaxe dos paxaros e, ó entender o que dicían, predicir o porvir dos homes. De feito, a palabra "auspicio" significa o 'prognóstico tirado da observación das aves' (DRAG). Adquiriu este don porque unhas serpes subiron ós seus ombros mentres dormía e limpáronlle os oídos coa lingua. Outros afamados adiviños, como Casandra e Héleno, tamén ganaron o don da adiviñación deste xeito..
As metamorfoses de Tiresias miniatura|Gravado que representa a Tiresias mallando nas serpes. Dunha "Metamorfoses" de Ovidio de c. 1690
Ovidio escribe que Tiresias, paseando polo monte Cileno ou polo Citerón, sorprendeu a dúas serpes apareándose. Uns din que matou co bastón á femia; outros, que as feriu; e outros, simplemente que as separou. Pero, en todo caso, viuse convertido en muller. Ó cabo de sete anos volveu ver no mesmo lugar outras dúas serpes na mesma actitude, e volveu a golpealas co seu bastón para separalas Hixino di que actuou así por consello dun oráculo (Hixino: 75, 1)., uns din que matando nesta ocasión á serpe macho; e ó facelo converteuse novamente en varón. O feito de ser o único ser que dispoñía da experiencia de ser home durante un tempo e muller noutro momento, foi a razón pola que Zeus e Hera acudiran a el como árbitro na discusión que mantiñan sobre quen experimentaba máis pracer durante unha relación sexual, se os homes ou as mulleres. Tiresias concluíu que o varón experimenta unha décima parte do pracer que a muller, pero Hera indignouse por ter revelado o segredo do sexo feminino e castigouno deixándoo cego. Zeus, non obstante, concedeulle como compensación o don da profecía e unha larga vida (equivalente a sete xeracións humanas) "Xúpiter fixo que vivira durante sete xeracións e destacara como adiviño entre o resto dos mortais" (Hixino: Fábulas 75, 3..
Profecías de Tiresias Tiresias foi quen de profetizar o resultado de diferentes feitos na lenda tebana. Foi el que revelou a Anfitrión, rei de Tebas, que fora Zeus quen se deitara coa súa esposa Alcmena, a noite anterior de que el regresara da guerra Pseudo-Apolodoro, II, 4, 8.. Desa unión de Zeus e Alcmena naceu Heracles.
Tamén soubo descubrir os crimes de Edipo, que matou o pai e casou coa nai, e por esa causa se abateu unha peste sobre Tebas. En ocasión da expedición dos Sete contra Tebas (Polinices e seis xefes aliados) vaticinou que a cidade se salvaría se se sacrificaba a Ares un descendente de Creonte.
Noutra ocasión aconsellou a Penteo non opoñerse á introdución do culto de Dioniso en Beocia, e tamén predixo a morte de Narciso. No regreso de Ulises de Troia, aconsellou ó heroe que non tocara as vacas sagradas de Helios, cousa que ignoraron moitos dos seus compañeiros e morreron por iso. Igualmente, o consello de Tiresias salvou a Ulises de morrer absorbido por Caribdis, un mostro mariño, fillo de Poseidón e Xea, que tragaba enormes cantidades de auga tres veces ó día, e devolvíaas outras tres veces, creando así un remuíño que devoraba a todo aquel que se poñía ó seu alcance.
A súa sona como adiviño, mesmo unha vez morto, era tal que Odiseo descendeu ó Hades para consultarlle. Zeus concedéralle a capacidade de profetizar o futuro tamén despois de morto.
Morte Trala toma de Tebas polos Epígonos, Tiresias acompañou ós tebanos no seu éxodo. Un día, descansando, bebeu auga dunha fonte que, estaba tan fría, que morreu. Pero outra versión di que quedou na cidade xunto á filla e os vencedores o enviaron como prisioneiro a Delfos, pero Tiresias morreu no camiño, pois xa era moi vello.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981, s. v. Tiresias. HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]. Hixino: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009. OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto]. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto]. Categoría:Homes na mitoloxía grega