Solenodon é un xénero de mamíferos insectívoros, nocturnos e velenosos que pertencen á familia Solenodontidae. As dúas únicas especies existentes de Solenodon son Solenodon cubanus e Solenodon paradoxus. Ámbalas dúas están clasificadas como "En perigo" por mor da destrución do seu hábitat e da depredación de animais non nativos como cans, gatos e mangostas, os cales foron introducidos polos seres humanos no seu hábitat para controlar as poboacións de cobras e roedores.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
EDGE of Existence "(Cuban solenodon)" Saving the World's most Evolutionarily Distinct and Globally Endangered (EDGE) species EDGE of Existence "(Hispaniolan solenodon)" Saving the World's most Evolutionarily Distinct and Globally Endangered (EDGE) species BBC News 1 de xuño de 2010 The cave of bones: A story of solenodon survival
Categoría:Solenodon