Luis Gregorio Ramos Misioné, nado en Lugo o 15 de maio de 1953, é un ex-piragüista galego, que competiu na modalidade de augas tranquilas. Foi campión do mundo de K4 1000m en 1975 e participou en tres Xogos Olímpicos (Montreal 1976, Moscova 1980 e Os Ánxeles 1984), logrando dúas medallas, unha prata e un bronce.
Traxectoria Comezou no remo con 14 anos no club da súa cidade, o Club Fluvial de Lugo.
Gañou oito medallas no Campionato Mundial de Piragüismo entre os anos 1975 e 1982, destacando o ouro que logrou en Belgrado en 1975 no K4 1000m, formando equipo con José María Esteban Celorrio, José Ramón López Díaz e Herminio Menéndez. Con ese mesmo equipo participou nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal. Foron primeiros na súa serie da primeira rolda e tamén nas semifinais, e obtiveron a medalla de prata na final, na que foron superados por menos de tres décimas pola pola embarcación soviética de Sergei Chukhrai, Aleksandr Degtiarev, Iurii Filatov e Vladimir Morozov.
Na seguinte cita olímpica, Moscova 1980, competiu no K-2 1.000 metros xunto con Herminio Menéndez. Gañou a primeira serie e a serie das semifinais, pero na final tivo que conformarse co bronce, ao seren superados de novo pola piragua soviética (con Sergei Chukhrai e Vladimir Parfenovich) e pola húngara (István Szabó e István Joós). Tamén participou nos Xogos de 1984 nos Ánxeles, quedando en 6ª posición do K4 1000 e obtendo un diploma olímpico.
Ademais foi campión de España en 60 ocasións.
Recoñecementos No 2003, recibiu a medalla de prata da Real Orde do Mérito Deportivo. No 2011, recibiu da Xunta de Galicia, a distinción ao Mérito Deportivo de Galicia. No 2020, foi nomeado para entrar no Salón da Fama, unha iniciativa da Federación Española de Piragüismo para destacar ás personalidades máis importantes desa modalidade.
Palmarés internacional Xogos OlímpicosAnoLugarMedallaCompetición1976Montreal, 32px PrataK4 1.000 m1980Moscova, 32px Bronce K2 1.000 m1984Os Ánxeles, -K4 1.000 mCampionato MundialAnoLugarMedallaCompetición1975Belgrado, 32px BronceK1 4x500 m1975Belgrado, 32px OuroK4 1.000 m1977Sofía, 32px BronceK4 500 m1977Sofía, 32px BronceK4 1.000 m1978Belgrado, 32px PrataK4 500 m1978Belgrado, 32px BronceK4 1.000 m1979Duisburgo, 32px BronceK2 1.000 m1982Belgrado, 32px BronceK2 1.000 m
Notas
Véxase tamén
Categoría:Deportistas de Lugo Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Piragüistas olímpicos de Galicia Categoría:Medallistas olímpicos de Galicia Categoría:Nados en 1953 Categoría:Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 1984