Andre Kirk Agassi, nado en Las Vegas (Nevada) o 29 de abril de 1970, é un xogador de tenis estadounidense xa retirado que gañou máis de 25 millóns de dólares en premios e foi número 1 na clasificación mundial.
Biografía Os comezos Agassi é descendente de armenios, aínda que naceu e creceu nas Vegas, Estados Unidos, onde vive. Seu pai, Emmanuel "Mike" Agassi, participou nos Xogos Olímpicos de 1948 e 1952 representando a Irán en boxeo. Tras emigrar aos Estados Unidos, acurtou o seu apelido armenio de Agassian a Agassi. O seu máximo ídolo é Nicolas Almiron.
Fanático do tenis, Mike Agassi estaba determinado a facer todo o posible para que algún dos seus catro fillos fose un xogador de sona, e agasalloulle a súa primeiro raqueta a Andre cando este fixo os dous anos. Na nenez, Andre petaba en preto de 3000 bólas ao día, os 7 días da semana. Cando fixo os 14, enviárono á academia de Nick Bolletieri en Florida, e converteuse en xogador profesional aos 16. Foi o xogador máis novo en superar a marca dun millón de dólares en premios, en decembro de 1988, tras só 43 torneos.
Cando mozo, Andre lucía unha imaxe rebelde, que desafiaba os aspectos máis conservadores do tenis: pelo longo, un aro, roupas de cores... O eslogan dunha campaña de publicidade que o tiña como protagonista, "a imaxe éo todo", converteuse tamén no lema de Agassi.
O 19 de abril de 1997, Andre casou con Brooke Shields tras catro anos de noivado. En febreiro dese ano, demandaran o National Enquirer por publicar ruxerruxes falsos sobre Shields. Cando Brooke e a súa nai solicitaron a Agassi a firma dun acordo prenupcial, o tenista rexeitouno, pero o que apareceu nos titulares foi un indicio do que viría despois. Agassi pediu o divorcio, que lle foi concedido o 9 de abril de 1999.
O apoxeo: crise e recuperación Desde que Rod Laver gañara o Grand Slam en 1969 non houbera tenista masculino ningún que o fixera, e foi Andre Agassi o único tenista que, desde esa data, gañou os catro torneos do Grand Slam. Como non os acadou no mesmo ano chámaselle Grand Slam de carreira. Os torneos foron: Aberto de Australia (1995, 2000, 2001 e 2003), Torneo de Roland Garros (1999), Torneo de Wimbledon (1992) e Aberto dos Estados Unidos (1994 e 1999). Como ademais gañou a medalla de ouro olímpica en 1996, el e Rafael Nadal son os únicos tenistas masculinos que gañaron o denominado Golden Slam (os catro torneos do Grand Slam e mais o ouro olímpico).
En novembro de 1997, descendera ao lugar 141 do ránquin mundial, e o seu matrimonio estaba en crise. Logo da separación, volveuse a dedicar ao tenis con todas as enerxías: rapou a cabeza, comezou un rigoroso programa de adestramento co que recuperou o nivel de xogo e incorporouse rapidamente ao grupo dos mellores tenistas.
Cando lle recoñeceron o divorcio, Agassi xa estaba a saír con Steffi Graf. Casaron o 22 de outubro de 2001 no seu fogar, sendo as súas nais as únicas testemuñas da unión. O seu primeiro fillo, Jaden Gil, naceu 6 semanas prematuro o 26 de outubro. Jaz Elle, a filla, naceu o 3 de outubro de 2003.
O 24 de xuño de 2006, logo de vinte anos de actividade profesional, anunciou o seu retiro. O 28 de agosto de 2006 comezou o que sería o seu último torneo, o Aberto dos Estados Unidos.
Carreira profesional Vitorias no Grand Slam (8) Ano |width="175"|CampionatoRival na final |width="125"|Resultado na final1992Wimbledon Goran Ivanišević 6-7, 6-4, 6-4, 1-6, 6-41994 Aberto dos Estados Unidos Michael Stich 6-1, 7-6, 7-51995 Aberto de Australia Pete Sampras 4-6, 6-1, 7-6, 6-41999Torneo de Roland Garros Andrei Medvedev 1-6, 2-6, 6-4, 6-3, 6-41999Aberto dos Estados Unidos Todd Martin 6-4, 6-7, 6-7, 6-3, 6-22000 Aberto de Australia Evgueni Kafelnikov 3-6, 6-3, 6-2, 6-42001Aberto de Australia Arnaud Clément 6-4, 6-2, 6-22003Aberto de Australia Rainer Schüttler 6-2, 6-2, 6-1
Finalista do Grand Slam (7) Ano |width="175"|CampionatoRival na final |width="125"|Resultado na final1990 Roland Garros Andrés Gómez 3-6, 6-2, 4-6, 4-61990 Aberto dos Estados Unidos Pete Sampras 4-6, 3-6, 2-61991 Roland Garros Jim Courier 6-3, 4-6, 6-2, 1-6, 4-6 1995Aberto dos Estados Unidos Pete Sampras 4-6, 3-6, 6-4, 5-71999 Wimbledon Pete Sampras 3-6, 4-6, 5-72002 Aberto dos Estados Unidos Pete Sampras 3-6, 4-6, 7-5, 4-62005 Aberto dos Estados Unidos Roger Federer 3-6, 6-2, 6-7, 1-6
Títulos (61) Individuais (60) Lenda Grand Slam (8) Tennis Masters Cup (1) Xogos Olímpicos (1) ATP Masters Series (17) ATP Tour (33)
Nº Data Torneo Superficie Rival na final Resultado1. 23 de novembro de 1987Itaparica, BrasilDura Luiz Mattar7-6 6-2 2. 15 de febreiro de 1988Memphis, Estados UnidosDura Mikael Pernfors 6-4 6-4 7-5 3. 25 de abril de 1988Charleston, Estados UnidosTerra batida Jimmy Arias6-2 6-2 4.2 de maio de 1988Forest Hills, Estados UnidosTerra batida Slobodan Zivojinovic7-5 7-6 7-55.11 de xullo de 1988 Stuttgart, AlemañaTerra batida Andrés Gómez6-4 6-26.25 de xullo de 1988Stratton, Estados UnidosDura Paul Annacone6-2 6-47.15 de agosto de 1988Livingston, Estados UnidosDura Jeff Tarango6-2 6-48. 2 de outubro de 1989Orlando, Estados Unidos Dura Brad Gilbert6-2 6-1 9. 5 de febreiro de 1990San Francisco, Estados UnidosMoqueta Todd Witsken6-1 6-310. 12 de marzo de 1990Miami, Estados UnidosDura Stefan Edberg6-1 6-4 6 6-211.16 de xullo de 1990Washington, D.C., Estados Unidos Dura Jim Grabb6-1 6-412.12 de novembro de 1990Tennis Masters Cup, Frankfurt, AlemañaMoqueta Stefan Edberg5-7 7-6 7-5 6-213.1 de abril de 1991 Orlando, Estados UnidosDura Derrick Rostagno6-2 1-6 6-3 14.15 de xullo de 1991 Washington, Estados UnidosDura Petr Korda6-3 6-4 15.27 de abril de 1992 Atlanta, Estados Unidos Terra batida Pete Sampras7-5 6-4 16.22 de xuño de 1992 WimbledonHerba Goran Ivanišević6-7 6-4 6-4 1-6 6-417.20 de xullo de 1992 Toronto, Canadá Dura Ivan Lendl3-6 6-2 6-018.1 de febreiro de 1993 San Francisco, Estados UnidosDura Brad Gilbert6-2 6-7 6-219.22 de febreiro de 1993 Scottsdale, Estados UnidosDura Marcos Ondruska6-2 3-6 6-3 20.21 de febreiro de 1994 Scottsdale, Estados UnidosDura Luiz Mattar6-4 6-321.25 de xullo de 1994 Toronto, CanadáDura Jason Stoltenberg6-4 6-422.29 de agosto de 1994Aberto de Estados UnidosDura Michael Stich6-1 7-6 7-523.17 de outubro de 1994Viena, AustriaMoqueta Michael Stich7-6 4-6 6-2 6-324.31 de outubro de 1994París, FranciaMoqueta Marc Rosset6-3 6-3 4-6 7-525.16 de xaneiro de 1995 Aberto de AustraliaDura Pete Sampras4-6 6-1 7-6 6-426.6 de febreiro de 1995 San José, Estados UnidosDura Michael Chang6-2 1-6 6-3 27.13 de marzo de 1995 Miami, Estados UnidosDura Pete Sampras3-6 6-2 7-628.17 de xullo de 1995 Washington, D.C., Estados UnidosDura Stefan Edberg6-4 2-6 7-5 29.24 de xullo de 1995 Montreal, CanadáDura Pete Sampras3-6 6-2 6-3 30.7 de agosto de 1995 Cincinnati, Estados UnidosDura Michael Chang7-5 6-2 31.14 de agosto de 1995 New Haven, Estados UnidosDura Richard Krajicek3-6 7-6 6-3 32.18 de marzo de 1996 Miami, Estados UnidosDura Goran Ivanišević3-0 40-033.22 de xullo de 1996 Xogos de Atlanta, Estados UnidosDura Sergi Bruguera6-2 6-3 6-134.5 de agosto de 1996 Cincinnati, Estados UnidosDura Michael Chang7-6 6-435.9 de febreiro de 1998 San José, Estados UnidosDura Pete Sampras6-2 6-4 36.2 de marzo de 1998Scottsdale, Estados UnidosDura Jason Stoltenberg6-4 7-637.20 de xullo de 1998 Washington, D.C., Estados UnidosDura Scott Draper6-2 6-0 38.27 de xullo de 1998 Os Ánxeles, Estados UnidosDura Tim Henman6-4 6-4 39.19 de outubro de 1998 Ostrava, ChequiaMoqueta Jan Kroslak6-2 3-6 6-3 40.5 de abril de 1999 Hong Kong Dura Boris Becker6-7 6-4 6-4 41.24 de maio de 1999 Torneo de Roland Garros, FranciaTerra batida Andrei Medvedev1-6 2-6 6-4 6-3 6-442.16 de agosto de 1999 Washington, D.C., Estados UnidosDura Evgueni Kafelnikov7-6 6-1 43.30 de agosto de 1999 Aberto de Estados UnidosDura Todd Martin6-4 6-7 6-7 6-3 6-244.1 de novembro de 1999 París, FranciaMoqueta Marat Safin7-6 6-2 4-6 6-4 45.17 de xaneiro de 2000 Aberto de AustraliaDura Evgueni Kafelnikov3-6 6-3 6-2 6-446.15 de xaneiro de 2001Aberto de AustraliaDura Arnaud Clément6-4 6-2 6-2 47.12 de marzo de 2001 Indian Wells, Estados UnidosDura Pete Sampras7-6 7-5 6-1 48.19 de marzo de 2001 Miami, Estados UnidosDura Jan-Michael Gambill7-6 6-1 6-049.23 de xullo de 2001 Os Ánxeles, Estados UnidosDura Pete Sampras6-4 6-2 50.4 de marzo de 2002 Scottsdale, Estados UnidosDura Juan Balcells6-2 7-651.18 de marzo de 2002 Miami, Estados UnidosDura Roger Federer6-3 6-3 3-6 6-452.6 de maio de 2002 Roma, ItaliaTerra batida Tommy Haas6-3 6-3 6-053.22 de xullo de 2002Os Ánxeles, Estados UnidosDura Jan-Michael Gambill6-2 6-4 54.14 de outubro de 2002 Madrid, EspañaDura Jiri NovakW/O55.13 de xaneiro de 2003 Aberto de AustraliaDura Rainer Schuettler6-2 6-2 6-156.10 de febreiro de 2003 San José, Estados UnidosDura Davide Sanguinetti6-3 6-157.17 de marzo de 2003 Miami, Estados UnidosDura Carles Moyá6-3 6-358.21 de abril de 2003 Houston, Estados UnidosTerra batida Andy Roddick3-6 6-3 6-459.2 de agosto de 2004 Cincinnati, Estados UnidosDura Lleyton Hewitt 6-3 3-6 6-260.31 de xullo de 2005Os Ánxeles, Estados UnidosDura Gilles Muller6-4 7-5
Títulos de dobres (1)
Nº Data Torneo Superficie Parella Rivais na final Resultado1. 16 de agosto de 1993 Cincinnati, EUADura Petr Korda Henrik Holm7-6 6-4
Clasificación en torneos do Grand Slam Torneo 2006 2005 2004 2003 2002 2001 2000 1999 1998 1997 1996 1995 1994 1993 1992 1991 1990Aberto de Australia-QFSFW-WW4r4r-SFW-----Torneo de Roland Garros-1r1rQFQFQF2rW1r-2rQF2r-SFFFWimbledon3r--4r2rSFSF F2r-1rSF4rQFWQF-Aberto dos Estados UnidosFQFSFFQF2r W4r4rSFFW1rQF1rF
Torneo 1989 1988 1987 1986 AcumuladoAberto de Australia----4Roland Garros3rSF2r- 1Wimbledon--1r-1Aberto dos Estados UnidosSFSF1r1r2
Véxase tamén Ligazóns externas www.agassiopen.com
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Las Vegas Categoría:Campións do Roland Garros Categoría:Campións do US Open Categoría:Campións do Open de Australia Categoría:Campións do Campionato de Wimbledon Categoría:Tenistas olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas olímpicos en tenis Categoría:Estadounidenses de ascendencia armenia Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 1996