Heriberto Quiñones González, nado en 1907 e finado en Madrid o 2 de outubro de 1942, foi un albanel e militante comunista de España.
Traxectoria Non se coñece o seu nome verdadeiro nin a súa procedencia. Especúlase que procede de Besarabia, en territorio disputado entre Rusia e Romanía.
Antes do ano 1936 fora detido en varias ocasións polas súas actividades revolucionarias. Durante a guerra civil española formou parte en Valencia do Comité Provincial do Partido Comunista. Trala fin da guerra foi detido e internado no campo de concentración de Albatera e posteriormente nun cárcere en Valencia, mais foi liberado polo avanzado da súa tuberculose.
Detido varias veces máis pola súa actividade clandestina, en 1941 trasladouse a Madrid onde se converteu no responsable e organizador nacional do PCE na clandestinidade. Máis existía contra el un forte rexeitamento, sobre todo polos comunistas exiliados. Así o partido viuse afectado polas purgas e o propio Heriberto Quiñones foi acusado de traidor, delator e axente británico. Mais non só o acusaron, senón que un compañeiro o delatou e foi detido o 30 de decembro de 1941. Nos cárceres franquistas foi torturado salvaxemente, aínda que non confesou nin o seu domicilio, e crebáronlle o espiñazo. No cárcere deuse de conta que foi expulsado do Partido Comunista. No seu consello de guerra recoñeceu orgulloso ser o máximo dirixente do PCE no interior.
Foi condenado a morte e fusilado o 2 de outubro de 1942 contra as tapias do Cementerio del Este de Madrid sentado nunha cadeira, ó non poder terse en pé debido as torturas franquistas. As súas derradeiras palabras foron "Viva la Internacional Comunista".Juliá, Santos (coord.), Víctimas de la guerra civil (1999), Ediciones Temas de Hoy. Xunto a el foron fusilados os seus axudantes na dirección do PCE, Luis Sendín e Ángel Cardín.
Non foi rehabilitado no PCE ata o ano 1986, xa que o acusaban de traidor e "prea infiltrada".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Heriberto Quiñones na Historia do PCE (castelán) Heriberto Quiñones na guerrilla (castelán)
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Políticos de España Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1942