Amalasunta, tamén Amalasuntha, Amalasuentha, Amalaswintha ou Amalasuintha (en gótico: Amalaswinþa), nada en Rávena cara ao 495 e finada no lago Bolsena o 30 de abril do 535, gobernou os ostrogodos como rexente durante a minoría do seu fillo entre o 526 e o 534 e, como raíña propiamente do 534 ao 535. Era a filla máis nova de Teodorico o Grande e de Andefleda ou Audefleda, unha princesa franca filla de Clodoveo, e cría firmemente na defensa das virtudes e valores romanos. É máis coñecida pola súa relación diplomática con Xustiniano, quen invadiu Italia en resposta ao seu asasinato no na illa Martana do lago Bolsena cara ao 535.
Traxectoria Criada no arianismo, a relixión do seu pai. Procopio e Casiodoro, o seu magister officiorum, descríbena como moi culta e profundamente influenciada pola cultura romana coñecedora, ademais do gótico, da lingua latina e grega. No 515, casou con Eutarico, neto de Beremundo, un nobre ostrogodo da liñaxe dos amalos que, daquela, estaba cos visigodos en Hispania, e que era un curmán afastado destinado a suceder a Teodorico, que non tiña descendencia masculina directa. Este príncipe morreu poucos anos máis tarde, no 522, deixando dous fillos: Atalarico, de cinco anos e a quen Teodorico nomeou herdeiro, e Matasunta.
Segundo Gregorio de Tours, no 526, trala morte de seu pai, Amalasunta, a quen súa nai, Audefleda, quería volver casar cun membro dunha familia real, fuxiu cun dos seus servintes, Traguilan. A nai enfureceuse e enviou un grupo armado en procura da filla e cando a atoparon, estrangularon ao servinte e devolvérona á Corte.
Rexencia Cando morreu Teodorico no 526, o trono pasou a Atalarico polo que Amalasunta gobernou como rexente deste, quen morreu moi novo, o 2 de outubro do 534.En Procopio de Cesarea (2007), indícase o 10 de outubro (nota en páxina 66). Como rexente, tratou de reconciliar os ostrogodos coa poboación de orixe romana e cos romanos de Oriente. Así, por exemplo, trala adhesión ao trono de seu fillo, enviou unha embaixada a Xustiniano, o emperador de Oriente, buscando a renovación dos poderes outorgados a Teodorico, e devolveu a Septimania ao seu sobriño Amalarico e tamén devolveu os bens confiscados polo seu pais aos fillos de Boecio e de Flavio Símaco. Escolleu persoas moderadas para os altos cargos, como ao godo Tuluin, a quen confiou o mando do exército.
Tamén procurou unha educación clásica romana para o seu fillo, o que provocou os primeiros descontentos entre os godos que comezaron a conspirar para matala. Consciente do perigo, Amalasunta ordenou executar a tres dos principais conspiradores mentres negociaba con Xustiniano, pedíndolle asilo en caso de que tivera que fuxir de Italia co tesouro dos ostrogodos que, segundo Procopio, era de 2 880 000 sólidos de ouro. Os godos temían que Amalasunta volvera casar e apartara ao fillo da sucesión para poder gobernar ela soa en toda Italia e impor a súa fe ariana.Esta tese é recollida por Gregorio de Tours, hostil a Amalasunta por ser ariana, na súa obra Libros, Historias, 15
Durante esta época, estableceu tamén embaixadas e apoiou a política de Xustiniano participando na guerra contra os vándalos, na que tomou a fortaleza de Lilibeo (actual Marsala) en Sicilia, que pertencera anteriormente aos godos dende o ano 491. Esta fortaleza foi parte do dote de Amalafrida, a irmá do seu pai Teodorico, e nai, á súa vez, de Teodato, cando casou co vándalo Trasamundo. Porén, a apropiación de Lilibeo non foi recoñecida por Xustiniano, quen a reclamou como parte do botín, ao que se negou Amalasunta.
Ao mesmo tempo, no 533, comezaron complexas negociacións entre os ostrogodos e Xustiniano sobre problemas políticos e cuestións teolóxicas (a controversia teopasquita), durante as cales Amalasunta asegurou ao enviado do emperador que cedería o goberno de Italia ao Imperio Romano de Oriente no caso de que a morte do seu fillo, daquela gravemente enfermo, as súas malas relacións coa nobreza goda impediran que ela gobernase.
Reinado Ao morrer o fillo no 534, e dadas as malas relacións coa nobreza goda, enviou embaixadas a Xustiniano para saber se lle daría asilo en caso de ter que marchar de Italia, ao que Xustiniano respondeu afirmativamente e preparoulle un palacio en Dirraquio. Finalmente, Amalasunta non marchou e escolleu como rei ao seu curmán Teodato, duque de Tuscia e fillo de Amalafreda, irmá de Teodorico, ao que asociou ao trono. A pesar das malas accións e ambicións deste en Tuscia e da opinión desfavorable entre godos e romanos, tratou de utilizar a Teodato como un elemento de equilibrio na súa política, tranquilizando ao bando godo (pois era da liñaxe de Teodorico) e asegurando as boas relacións con imperio oriental. miniatura|Illa Martana, no Lago Bolsena; lugar onde fora confinada Amalasunta por Teodato. Chamouno a Rávena e fíxoo xurar que ela non tería menoscabo do seu poder cando el se convertera en rei; Teodato botouse aos seus pés e xurou todo o que lle pediu mais, contrariamente aos xuramentos, afastouna do poder despois de ter despedido aos seus servintes. Tamén espallou o rumor de que, Amalasunta, era a responsábel da sospeitosa morte da súa nai Audefleda e tras acusala e perseguila dende Rávena, a recluiu nunha illa do Lago Bolsena.
Ante a crítica e a presión de Xustiniano por tela encarcerada, Teodato, fixo que escribise unha carta indicando que recibía bo trato na prisión e cando, Xustiniano, non contento coas explicacións mandou ao seu embaixador Pedro o Patricio para que se encontrase con Teodato en Rávena para ceibar a Amalasunta, Teodato permitiu que fora esganada no baño polos seus inimigos.
Guerra gótica de Italia Este crime foi o casus belli alegado por Xustiniano para ordenar a Belisario a invasión de Italia, dando comezo á Guerra gótica de Italia que devastou a península durante case vinte anos. Por outra banda, os príncipes francos, curmáns de Amalasunta, esixiron unha reparación, polo que Teodato houbo pagarlles unha multa (wergeld) de 50.000 sólidos, o que ocasionaría a división entre os irmáns pola repartición do ouro.
A súa filla, Matasunta, casou co futuo rei Vitixes e, á morte deste, con Xermano, curmán de Xustiniano.
Etimoloxía
"Amalasunta" significa "Virxe dos Amalos".
Amalasunta na literatura
Amalasunta é un dos personaxes clave na peza Antiochus de Corneille en 1672. A vida de Amalasunta foi o tema dunha ópera, a primeira obra escrita por Carlo Goldoni en 1732, e presentada en Milán. Tamén é o título dunha traxedia de Philippe Quinault (editada en Ámsterdam en 1697).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Traxedia de Phillippe Quinault
Categoría:Reis dos ostrogodos Categoría:Finados en 535 Categoría:Nados en 495 Categoría:Nados en Rávena Categoría:Lingüistas da lingua grega Categoría:Dinastía Amala