miniatura|dereita|Simin Behbahani en Washington DC, ca. 1990.
Simin Behbahani (, tamén transcrito como Bihbahani), nada en Teherán o 20 de xullo de 1927 e finada na mesma cidade o 19 de agosto de 2014, foi unha escritora e activista iraniana. É coñecida pola súa obra poética no estilo ghazal. Foi unha icona da poesía persa moderna, e da intelligentsia e a literatura iraniana, coñecida como "a leoa de Irán". Foi nomeada dúas veces ao Premio Nobel de Literatura, en 1999 e 2002, e recibiu diversos recoñecementos en todo o mundo, como o Premio de Poesía Janus Pannonius do PEN Club de Hungría en 2013
Traxectoria Simin Behbahani, nada co nome de Simin Khalili ()Behbahani era o apelido do seu primeiro marido. (سيمين خليلی), foi a filla de Abbās Khalili (عباس خلیلی), poeta, escritor e editor do xornal Eghdām ("Acción"), e Fakhr-e Ozmā Arghun (فخرعظمی ارغون), poeta e profesora de lingua francesa. Comezou a escribir poesía aos doce anos, e publicou o seu primeiro poema aos catorce. Usou o estilo "Char Pareh" de Nima Yooshij, e despois comezou a escribir ghazal. Behbahani contribuíu a un desenvolvemento histórico do xénero engadindo elementos teatrais e eventos e conversas cotiás ao estilo da poesía ghazal, expandindo o uso do verso tradicional persa.
Obra
Seh-tar-e Shekasteh ("O laúde roto", 1951) Ja-ye Pa ("A pegada", 1954) Chelcheragh ("Candelabro", 1955) Marmar ("Mármore", 1961) Rastakhiz ("Resurrección", 1971) Khatti ze Sor'at va Atash ("Unha liña de velocidade e lume", 1980) Dasht-e Arzhan ("Chaira de Arzhan", 1983) Kaghazin Jameh ("Vestido de papel", 1992) Yek Daricheh Azadi ("Unha fiestra de liberdade", 1995) Shayad ke Masihast ("Quizais é o mesías", 2003; escolma bilingüe, traducido ao inglés por Ali Salami)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Chopra, R. M. (2010): Eminent Poetesses of Persian. Kolkata: Iran Society.
Ligazóns externas
Biografía de Simin Behbahani, na web Iran Chamber .
Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Escritores de Irán Categoría:Escritores en lingua persa Categoría:Nados en Teherán Categoría:Activistas de Irán Categoría:Alumnos da Universidade de Teherán