«La belle amour» (en galego: «O belo amor») é unha canción composta por Guy Lefarge e interpretada en francés por Paule Desjardins. Lanzouse como sinxelo en 1957 mediante Polydor Records. Foi elixida para representar a Francia no Festival de Eurovisión de 1957 tras ser seleccionada internamente pola emisora francesa RTF.

Festival de Eurovisión 1957 Selección «La belle amour» foi seleccionada para representar a Francia no Festival de Eurovisión 1957 pola emisora francesa RTF.

No festival A canción participou no festival celebrado no Großer Sendesaal des Hessischen Rundfunks de Frankfurt o 3 de marzo de 1957, sendo interpretada pola cantante francesa Paule Desjardins. A orquestra foi dirixida por Paul Durand.

Foi interpretada en oitavo lugar, seguindo a Alemaña con Margot Hielscher interpretando «Telefon, Telefon» e precedendo a Dinamarca con Birthe Wilke e Gustav Winckler interpretando «Skibet skal sejle i nat». Ao final das votacións, a canción recibiu 17 puntos, obtendo o segundo posto de 10.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Francia no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua francesa Categoría:Cancións de 1957 Categoría:Sinxelos de 1957 Categoría:Cancións de Eurovisión 1957 Categoría:Cancións de Francia en Eurovisión