Celestino López de Castro, nado en Pontevedra en 1860 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1934, foi un médico galego.
Traxectoria Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1886.Crónica de Pontevedra, 23-6-1886, p. 3. Médico en Pontevedra, foi concelleiro. Fundou o Sanatorio Santa Teresa, primeiro sanatorio médico cirúrxico de Galicia, foi director do Hospital Provincial de Pontevedra, médico titular e forense do concello.El País, 1-12-1934, p. 1. e inspector provincial de sanidade. Colaborou en La Revista Popular e foi propietario do periódico Faro de Pontevedra (1911-1914). En 1911 presentouse como independente ás eleccións a deputado provincial por Pontevedra fronte ao candidato do Partido Liberal Manuel Ferreirós Batallán, que foi quen resultou elixido.La Correspondencia Gallega, 13-3-1911, p. 2. Finou en Pontevedra o 30 de novembro de 1934.El País, 30-11-1934, p. 2.
Obras El servicio médico en los Caminos de Hierro. Breve reseña de los mejores medios para su organización, 1897. Peste bubónica. Influencia social y lucha por combatirla, 1915
Recoñecementos Cruz de Beneficencia de primeira clase en 1919 polos seus servizos durante a epidemia de gripe de 1918. A Sociedad Recreo de Artesanos promoveu a adquisición por subscrición popular dunha lápida para colocar na súa tumba no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra, obra do escultor José María Acuña.El Pueblo Gallego, 12-7-1935, p. 11. Vida persoal
Casou en Pontevedra con Florinda García Temes, filla de Valentín García Escudero, en xaneiro de 1890.El Diario de Pontevedra, 20-1-1890. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Caricatura
Categoría:Médicos de Pontevedra Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1934