«L'enfant que j'étais» (en galego: «A nena que era») é unha canción composta por Géo Voumard e interpretada en francés por Lys Assia. Lanzouse como sinxelo en 1957 mediante Ducretet Thomson. Foi elixida para representar a Suíza no Festival de Eurovisión de 1957 tras gaña-la final nacional suíza.
Festival de Eurovisión 1957 miniatura|esquerda|Lys Assia, intérprete da canción, en 1957. Selección «L'enfant que j'étais» cualificouse para representar a Suíza no Festival de Eurovisión 1957 tras gaña-la final nacional suíza.
No festival A canción participou no festival celebrado no Großer Sendesaal des Hessischen Rundfunks de Frankfurt o 3 de marzo de 1957, sendo interpretada pola cantante suíza Lys Assia. A orquestra foi dirixida por Willy Berking.
Foi interpretada en décimo lugar, seguindo a Dinamarca con Birthe Wilke e Gustav Winckler interpretando «Skibet skal sejle i nat». Ao final das votacións, a canción recibiu 5 puntos, obtendo o oitavo posto de 10 xunto a Bélxica.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Suíza no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua francesa Categoría:Cancións de 1957 Categoría:Sinxelos de 1957 Categoría:Cancións de Eurovisión 1957 Categoría:Cancións de Suíza en Eurovisión