Gloria Laura Vanderbilt, nada en Nova York o 20 de febreiro de 1924 e finada na mesma cidade o 17 de xuño de 2019, foi unha artista, escritora, actriz, deseñadora de moda, herdeira e dama de sociedade estadounidense, pertencente á dinastía da familia Vanderbilt. Fíxose famosa por deseñar os primeiros blue jeans.
Traxectoria miniatura|esquerda|Vanderbilt e a súa nai miniatura|200px|Vanderbilt en 1958. Foto de Carl Van Vechten Única filla e herdeira do millonario Reginald Claypoole Vanderbilt e da súa segunda esposa, Gloria Morgan, foi bautizada na igrexa episcopal como Gloria Laura Vanderbilt e, despois da morte do seu pai, foi confirmada na igrexa católica, á que pertencía a súa nai. Tiña unha irmá, Cathleen Vanderbilt, do primeiro matrimonio do seu pai con Cathleen Neilson.
Converteuse en herdeira dunha media parte nun fondo fiduciario de cinco millóns de dólares á morte do seu pai por cirrose cando tiña dezaoito meses de idade. Os dereitos para o control dese fondo, mentres Gloria foi menor de idade, pertencían á súa nai, que viaxou durante anos a París, levando a súa filla con ela. Estiveron acompañadas por unha coidadora, a quen Gloria chamara "Dodo", que tivo un papel tumultuoso na vida da nena, e pola irmá xemelga da súa nai, Thelma, que era a amante do príncipe de Gales durante ese tempo.
Como resultado do gasto frecuente, o uso das finanzas da súa nai foi examinado pola tía paterna de Gloria, Gertrude Vanderbilt Whitney. Escultora e filántropa, Whitney quería a custodia da súa sobriña, o que deu lugar a un xuízo pola custodia. O xuízo foi tan escandaloso que en ocasións o xuíz mandou a todo o mundo que saíse da sala coa fin de escoitar o que a nova Vanderbilt tiña que dicir, sen que ninguén influíse nela. Algunhas persoas escoitaron choros e lamentos dentro da sala do tribunal. Oíronse testemuños que presentaban a nai como non apta e finalmente perdeu a batalla e Gloria quedou baixo a tutela da súa tía Gertrude.
Os acontecementos que desatou a herdanza e o célebre xuízo nos tribunais foron levados á pantalla na miniserie Little Gloria... Happy at Last.
Carreira profesional Entre 1954 e 1963, Vanderbilt tratou de converterse en actriz. Estudou interpretación no Neighborhood Playhouse con Sanford Meisner e debutou en 1954 en The Swan, no Pocono Playhouse de Mountainhome, Pensilvania. En 1955 actuou en Broadway como Elsie en The Time of Your Life, de William Saroyan. Vanderbilt tamén apareceu en dramas televisivos en directo e gravados, como Playhouse 90, Studio One in Hollywood e The Dick Powell Show. Tamén actuou nun episodio en dúas partes de The Love Boat en 1981.
Vanderbilt comezou a súa carreira como modelo con quince anos, aparecendo en Harper's Bazaar. Durante a década de 1970, entrou no negocio da moda, primeiro con Glentex, cedendo o seu nome e unha colección das súas pinturas para unha liña de bufandas.
Vanderbilt estudou arte no Art Students League de Nova York. Fíxose famosa pola súa obra con exposicións dos seus óleos, acuarelas e pasteis. Estas obras foron adaptadas aos téxtiles, e Vanderbilt comezou a deseñar especificamente para teas, cerámicas e cristalerías. Ademais, escribiu dous libros sobre arte e decoración, catro volumes de memorias e tres novelas, e foi unha contribuidora habitual en The New York Times, Vanity Fair e Elle.
Falecemento Faleceu o 17 de xuño de 2019 aos noventa e cinco anos de idade, segundo o comunicado emitido polo seu fillo Anderson Cooper; pouco tempo antes detectáraselle un cancro de estómago.El País: Muere Gloria Vanderbilt, la versión femenina del Hombre del Renacimiento. CNN: Gloria Vanderbilt muere a los 95 años. BBC: Muere Gloria Vanderbilt, la rica heredera e ícono de la moda cuya vida quedó marcada por el suicidio de su hijo. Foi enterrada preto do seu fillo Carter e o seu último marido Wyatt no panteón da familia Vanderbilt no cemiterio moravo de Staten Island.
Matrimonios e fillos En 1941, con dezasete anos, casou con Pasquale («Pat») DiCicco, do que se divorciou en 1945. Ese ano casou con Leopold Stokowski, co que tivo dous fillos, Leopold Stanislaus «Stan» Stokowski (1950) e Christopher Stokowski (1952). Divorciáronse en 1955. o 28 de agosto de 1956 casou co director de cinema Sidney Lumet, do que se divorciou en 1963.
En 1963 casou con Wyatt Emory Cooper de quen tivo a Carter Vanderbilt Cooper (1965-1988) e Anderson Hays Cooper (1967). Wyatt Cooper faleceu en 1978 durante unha operación a corazón aberto e Carter Cooper suicidouse aos vinte e tres anos saltando do décimo cuarto piso do apartamento da familia.
Mantivo unha relación con Gordon Parks ata a morte do fotógrafo en 2006.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas "Gloria Vanderbilt's Many Loves" . CBS News. 31 de xullo de 2005 "CBC's Q with Jian Ghomeshi", 30 de xullo de 2012
Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Alumnos da Art Students League of New York Categoría:Deseñadores de moda Categoría:Empresarios do sector téxtil Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Pintores dos Estados Unidos de América