José Ramón Sieira González, coñecido como O Riaso, nado no Porto do Son en 1899 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937, foi un mariñeiro e sindicalista galego.
Traxectoria Mariñeiro residente en Ribeira. Afiliado ao Sindicato Xeral de Traballadores de Ribeira da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión militar o 21 de decembro con Julio Silva Vilas, Manuel Fernández Sendón, Eugenio Rodríguez Bilbao e José Lijó Louro,El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2. foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca de Compostela o 29 de xaneiro de 1937.El Eco de Santiago, 29-1-1937, p. 2.
Notas
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes