Palabras de víspera é unha obra dramática de Álvaro Cunqueiro publicada en 1974 (e 2003) por Galaxia e reeditada pola mesma editorial na Obra en galego Completa I (1980). Foi escrita en 1968.

En 2017 Grupo de Teatro da A. C. Alexandre Bóveda representou Palabras de víspera e outras pezas, de Álvaro Cunqueiro, baixo a dirección de Xoán Carlos Mejuto.

Introdución do autor

Características A fonte argumental é historia me­dieval española, dela recolle Cunqueiro personaxes colaterais á xura de Sta. Gadea e ofrece a súa particu­lar versión (Dona Urraca e o rei Afonso son os personaxes escollidos como obxecto de análise, o Cid fica fora da atención do dramaturgo).

Estes feitos e época están tamén recollidos nas novelas Morte de Rei de Darío Xohán Cabana e Magog (1997) de María Gándara.

Contido miniatura|A protagonista da historia, Urraca de Zamora, segundo un gravado da revista Zamora Ilustrada de 1882. Función en dous cadros cun epílogo.

Cadro primeiro Dona Urraca está soa no castelo (de Zamora). Laméntase da súa situación de sitiada polo rei Sancho e de como ama en segredo o seu irmán Afonso. Entra a súa doncela Belvís e logo o Encuberto ao que ela lle promete o seu amor, entregarse a el fuxir a Ultramar a cambio de que mate o rei Sancho. E el descobre o seu nome, Belido.

Cadro segundo Campamento do rei Afonso próximo a Santa Gadea.

Dialogan o Bispo de León e o conselleiro Maldonado:

Chega Belvís con recado de dona Urraca dicindo que se é preciso ela virá con salvoconduto dos casteláns declarar que o rei Afonso non tivo parte na morte do seu irmán. Foi ela, e en lexítima defensa. E tamén trae recado privado para o rei Afonso, que Belido non entrou na súa cama, que puxo a escusa de que non o deixará mentres Afonso non sexa rei de Castela. Que logo buscará outra escusa e mentres quere que a saque de Zamora. O rei Afonso acepta que Urraca vaia a Luna e Belido escape de Zamora antes de chegar a xustiza. Tamén fala Belvís dos últimos días de Don García, o outro irmán, do que estaba namorada.

E remata o bispo:

Notas

Categoría:Obras literarias de 1974 Categoría:Obras de teatro en galego Categoría:Obras literarias de Álvaro Cunqueiro Categoría:Editorial Galaxia