Santo André de Anceu é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE, en 2022 tiña 163 habitantes (84 homes e 79 mulleres), distribuídos en tres entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 245 habitantes. Eclesiasticamente, pertence ao no arciprestado de Redondela-Oitavén e diocese de Tui-Vigo.

Patrimonio Igrexa Parroquial de Santo André. miniatura|Calvario. Calvario do Lugar dos Cruceiros. miniatura|Capela da Guadalupe. A capela da Guadalupe é un templo barroco. Ten planta rectangular con tellado a dúas augas, coas esquinas rematadas con pináculos. A fachada ten unha porta adintelada e ten dos óculos laterais. Conta tamén cunha pequena espadana proporcional o campanario.

No arco esquerdo do interior depositouse a patroa, a Virxe de Guadalupe, tallada nunha soa peza, baixo a arcada que antes estaba no altar. Na metade da nave encóntrase outra arcada que leva a imaxe da Nosa Señora das Dores.

Na entrada da capela encóntrase un cruceiro que data no 1771-76. O seu pedestal é case cúbico e a columna de sección cadrada pasando a octogonal. A cruz é de sección cadrada con capitel corintio. Sobre o capitel ten unha columna cunha imaxe de Cristo e da Virxe.

A uns vinte metros encóntrase un peto de ánimas. O estilo artístico, de cantería defínese como popular.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Anceu

Parroquias de Ponte Caldelas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ponte Caldelas Batalla de Anceu

Ligazóns externas

Categoría:Parroquias de Ponte Caldelas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo André