Badkonake sefid (en ) é un filme iraniano de 1995 dirixido por Jafar Panahi, con guión de Abbas Kiarostami. Foi o primeiro filme de Panahi como director. Recibiu moi boas críticas e gañou numerosos galardóns de cinema internacionais, incluído o premio da Camera d'Or no Festival Internacional de Cine de Cannes. The Guardian clasificouno como un dos 50 mellores filmes para toda a familia de tódolos tempos. O filme está na lista BFI list dos 50 filmes que deberías ver ós 14 anos.
O filme foi escollido como candidato iraniano para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 68ª edición dos premios, mais non aceptado como nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences Irán tentou sen éxito retirar o filme da competición, mais a Academia negouse a aceptar o retiro.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes sobre peixes Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes de Irán Categoría:Filmes dirixidos por Jafar Panahi Categoría:Filmes ambientados en Teherán Categoría:Filmes ambientados en Irán