Carlos Anxo Portomeñe Pérez, nado en Lugo o 11 de decembro de 1968, é un artesán e político galego.

Traxectoria Licenciado en ciencias políticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Militante do Partido Comunista de Galicia, foi o seu secretario xeral entre 2004 e 2012 e mais é membro do Comité Central do Partido Comunista de España. Encabezou a lista da Alternativa Cidadá de Esquerdas nas eleccións municipais de 2015 en Lugo e accedeu á corporación municipal, repetindo posto nas eleccións municipais de 2019. Porén, nas eleccións municipais de 2023, non revalidou a acta de concelleiro.

Artesán de profesión, realizou deseños de máscaras para diferentes espectáculos teatrais, incluíndo producións do Centro Dramático Galego.

Colabora en Mundo Obrero.

Obra La Matanza de Atocha y otros crímenes de Estado. Atrapasueños, 2022. ISBN 9788412605501. Vivir e morrer pola causa. Biografía de José Gómez Gayoso (2022). Vigo: Galaxia. 334 páxs. ISBN 978-84-9151-961-4.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en Editorial Galaxia

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos do PCG Categoría:Concelleiros de Lugo

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia

Categoría:Personalidades da artesanía Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes