Ambystoma gracile é unha especie de píntega que vive a costa noroeste do Pacífico de Norteamérica. É unha píntega bastante grande que crece ata unha lonitude de 220 mm. Encóntrase desde o sueste de Alasca en May Island, a través do estado de Washington e Oregón ata o sur da desembocadura do río Gulala no condado de Sonoma, California. Aparece desde o nivel do mar ata a liña de árbores, pero non ao leste da divisoria das Cascadas. A súa área de distribución inclúe a illa de Vancouver na Columbia Británica e as illas de San Juan, Cypress, Whidbey, Bainbridge e illas Vashon en Washington.Snyder, R.C. 1963. Ambystoma gracile. Catalogue of American Amphibians and Reptiles: 1-2.

Descrición

A masa de ovos é moi firme, parece como un cerebro cunha capa de xelatina que rodea toda a masa. Cada ovo ten 2 mm de diámetro e toda a masa de ovos ten o tamaño dun puño humano. As masas de ovo deposítanse na auga a uns 0,5–2 metros baixo a superficie.

Os anfibios acabados de eclosionar son de 1-35 mm de longo con branquias plumosas a un lado do corpo. Os xuvenís son 16–105 mm de longo do fociño ao ano. Os adultos son de 40–107 mm de longo de fociño ao ano.

Distribución e hábitat

miniatura|esquerda|Un exemplar de A. gracile en Langley, Columbia Británica Aparecen formas manchadas na porción norte da súa área de distribución.Petranka, J. W. (1998). Salamanders of the United States and Canada. Smithsonian Institution Press, Washington and London. Unha liña divisoria situada na latitude de 51°N separa as dúas subespecies recoñecidas, ao norte desa liña vive A. g. decorticatum e ao sur A. g. gracile.

As poboacións con adultos neoténicos son comúns; a frecuencia de adultos con branquias increméntase coa altitude, xa que eses adultos a altitudes baixas e intermedias son case todos terrestres, mentres que os adultos a altutudes moi elevadas son principalmente neoténicos.Eagleson, G. W. (1976). A comparison of the life histories and growth patterns of populations of the salamander Ambystoma gracile (Baird) from permanent low-altitude and montane lakes. Canadian Journal of Zoology, 54, 2098-2111. Un exemplo dunha poboación pedomórfica desta píntega é a do lago Cráter, Oregón; a poboación é sintópica con Taricha granulosa.C. Michael Hogan (2008) Rough-skinned Newt (Taricha granulosa), Globaltwitcher, ed. Nicklas Stromberg

Os adultos terrestres viven en mesohábitats desde pradeiras a bosques mesofíticos. Os adultos terestres son principalmente escavadores, e son xeralmente activos na superficie só durante as chuvias fortes e as migracións primaverais cara aos seus sitios de reprodución acuáticos. Porén, poden ás veces encontrarse baixo troncos e outras rsiduos superficiais fóra da estación reprodutora.Efford, I. E. and Mathias, J. A. (1969). "A comparison of two salamander populations in Marion Lake, British Columbia." Copeia, 1969, 723-736.

Conservación miniatura|Masas de ovos viables de A. gracile suspendidos sobre a auga a medida que descende o nivel da auga. Descoñécese o status de conservación das poboacións de Ambystoma gracile.Blaustein, A. R., Wake, D. B., and Sousa, W. P. (1994). "Amphibian declines: Judging stability, persistence, and susceptibility of populations to local and global extinctions." Conservation Biology, 8(1), 60-71. Non se observan declives aparentes no Canadá.Weller, W. and Green, D. M. (1997). Checklist and current status of Canadian amphibians. Amphibians in Decline: Canadian Studies of a Global Problem. D. M. Green, eds., Herpetological Conservation, 309-328. Nas montañas Cascadas de Washington, A. gracile é moito menos abundante en bosques novos que nos vellos.Aubry, K. B., and Hall, P. A. (1991). Terrestrial amphibian communities in the southern Washington Cascade Range. Wildlife and Vegetation of Unmanaged Douglas-fir Forests, General Technical Report PNW-GTR-285. Ruggiero, L. F., Aubry, K. B., Carey, A. B., and Huff, M. H., technical coordinators, eds., USDA Forest Service, Northwest Research Station, Olympia, Washington., 326-338. Porén, un estudo feito no oeste de Oregón encontrou pouca correlación entre a abundancia de píntegas e a idade do lugar, polo que non está claro se A. gracile require bosques vellos para prosperar.Corn, P. S. and Bury, R. B. (1991). Terrestrial amphibian communities in the Oregon Coast Range. Wildlife and Vegetation of Unmanaged Douglas-fir Forests, General Technical Report PNW-GTR-285. K. Ruggiero, B. Aubry, A. B. Carey, and M. H. Huff, technical coordinators, eds., USDA Forest Service, Pacific Northwest Research Station, Olympia, Washington., 304-317. Porén, a corta total de árbores nunha área, parece facer que o hábitat sexa inadecuado; non se encontrou ningunha destas píntegas en zonas de corta recente de árbores. Deixar unha zona tampón de bosque de 200–250 m arredor dos sitios de reprodución usados polos adultos terrestres pode preservar unhas condicións óptimas para as poboacións locais.

Notas

Categoría:Urodelos Categoría:Animais descritos en 1859