Lithobates pipiensIntegrated Taxonomic Information System [Internet] 2012. Lithobates pipiens [updated 2012 Sept; cited 2012 Dec 26] Available from: www.itis.gov/ (antes Rana pipiens)Hillis & Wilcox (2005), Hillis (2007), Stuart (2008), Pauly et al. (2009), AmphibiaWeb (2016) é unha especie de ra nativa de parte do Canadá e os Estados Unidos. Foi designada anfibio dos estados de Minnesota e Vermont.

Distribución Viven desde o lago Grande Escravo e a baía de Hudson no Canadá, ao sur de Kentucky e Novo México nos Estados Unidos.Stebbins, R.C. (1985). A Field Guide to Western Reptiles and Amphibians. Second Edition. Houghton Mifflin Company, Boston, Massachusetts.Conant, R. and Collins, J.T. (1991). A Field Guide to Reptiles and Amphibians: Eastern and Central North America. Third Edition. Houghton Mifflin Company, Boston, Massachusetts. Tamén se encontra en Panamá, onde é endémica da cordilleira central e as terras baixas do oeste do Pacífico, aínda que esta podería ser moi probablemente outra especie parecida non descrita. Vive en pradeiras, ribeiras de lagos e pantanos.

Descrición

miniatura|esquerda|Un exemplar novo de L. pipiens. É unha especie de ra bastante grande, que chega aos 11 cm de lonxitude de fociño ao ano. Varía da cor verde á marrón pola parte dorsal, con grandes pintas circulares escuras nas costas, laterais e patas.Northern Leopard Frog Rana pipiens , National Geographic. Consultado o 2015-03-28 Cada mancha adoita estar abeirada por un anel máis claro. Un par de pregamentos dorsolaterais que empezan por detrás dos ollos discorren paralelos un ao outro baixando polo dorso. Estes pregamentos dorsolaterais adoitan ser máis claros ou ocasionalmente de cor rosada. Ademais, unha liña clara corre desde o fociño, baixo o ollo e tímpano, terminando no ombro. A superficie ventral é branca ou verde pálida. O iris é dourado e as dedas están palmadas.

Os cágados son marróns escuros ou grises, con manchas claras na parte inferior e cola marrón clara.

Variacións na cor

miniatura|esquerda|Dous morfos burnsi, un morfo verde e outro marrón de L. pipiens

miniatura|Morfo marrón en Iowa.

Pode ter varias variacións de cor, das cales as dúas máis comúns son os morfos verde e marrón, e outro morfo é o coñecido como burnsi. Os individuos co morfo coa coloración burnsi carecen de pintas no dorso, mais poden telas ou non nas patas. Poden ser verdes brillantes ou marróns e teñen pregamentos dorsais amarelos. O albinismo tamén se dá nesta especie, pero é moi raro.

Ecoloxía e comportamento

miniatura|esquerda|Exemplar preto de Welland Canal, Ontario Pode vivir nunha ampla variedade de hábitats, como lagoas permanentes, pantanos, ríos de augas lentas no bosque, áreas abertas e urbanas.Northern Leopard Frog (Lithobates pipiens) , Nevada Fish and Wildlife Office. Consultado o 2015-03-28. Normalmente vive en corpos de auga con abundante vexetación acuática. No verán, a miúdo abandonan as lagoas e móvense a áreas herbosas e pradeiras. Están ben adaptadas ao frío e poden encontrarse por riba dos 3000 m de altura. Os machos emiten unha chamada curta como un rouquido desde a auga durante a primavera e verán. Reprodúcese en primavera (marzo-xuño). poñen ata 6500 ovos na auga. Os cágados son marróns claros con pintas negras e completan o seu desenvolvemento na lagoa de reprodución, o cal dura de 70 a 110 días, dependendo das condicións. As ras que se metamorfosearon son de 2 a 3 cm de longo e lembran o adulto.

Esta especie era antes bastante común en varias partes do oeste do Canadá e os Estados Unidos ata que empezou o seu declive na década de 1970. Aínda que a causa definitiva deste declive non se coñece, a perda de hábitat e a súa fragmentación, os contaminantes ambientais, os peixes introducidos, a seca e as enfermidades son os mecanismos que se propuxeron para explicalo e están probablemente impedindo a recuperación da especie en moitas áreas. Moitas das poboacións da especie non se recuperaron aínda desde o seu declive.

A especie é depredada por moitos animais, como serpes, mapaches, outras ras e incluso os humanos. Non produce secrecións cutáneas desagradables ao gusto e depende da súa velocidade para escapar da predación.

A especie come unha gran variedade de animais, como grilos, moscas, vermes e ras máis pequenas. Usando as súas grandes bocas poden mesmo tragar aves e algunhas serpes. Nun caso rexistrouse un morcego como presa desta ra.

Esta especie é similar á Lithobates palustris e Lithobates sphenocephalus.

Investigación

Médica

Esta ra produce ribonucleases específicas dos seus ovocitos, que so fármacos potenciais contra o cancro. Unha desas moléculas, chamada ranpirnase (onconase), está en ensaios clínicos como tratamento do mesotelioma pleural e tumores pulmonares. Outra é a anfinase, que foi descrita como un posible tratamento para os tumores cerebrais.

Neurociencia

Foi unha especie preferida para facer estudos sobre as propiedades básicas das neuronas desde a década de 1950. A unión neuromuscular do nervio ciático e as fibras do músculo sartorio desta ra foron a fonte de datos iniciais sobre o sistema nervioso.

Fisioloxía muscular e biomecánica

É unha especie moi usada en experimentos in vitro de fisioloxía e biomecánica muscular debido á facilidade da acceso dos investigadores á súa área nativa e a capacidade do seu músculo sartorio de seguir vivo in vitro durante varias horas. Ademais, como a ra depende de dous modos principais de locomoción, como son o salto e a natación, isto permite comprender como as propiedades do músculo contribúen á realización deste tipo de movementos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

AmphibiaWeb, available at http://amphibiaweb.org/ Ankley GT, Tietge JE, DeFoe DL, Jensen KM, Holcombe GW, Durhan EJ, Diamond SA. (1998). "Effects of ultraviolet light and methoprene on survival and development of Rana pipiens ". Environmental Toxicology and Chemistry 17 (12): 2530-2542. (resumo)* Hillis, D. M. (2007) Constraints in naming parts of the Tree of Life. Mol. Phylogenet. Evol. 42: 331–338. PMID:16997582 PDF co texto completo

Schreber JCD von. (1782). "Beytrag zur Naturgeschichte der Frösche ". Der Naturforscher, Halle 18: 182-193. (Rana pipiens, nova especie). (en alemán).

Ligazóns externas

Northern Leopard Frog (Rana pipiens) — Natural Resources Canada. AWD: Rana pipiens — diversidade animal, Universidade de Michigan. BBC news: "Rana pipiens and the treatment of brain tumours."

Categoría:Anuros Categoría:Animais descritos en 1782 Categoría:Anfibios dos Estados Unidos de América Categoría:Anfibios do Canadá